É unha especie mariña tan fermosa como ameazada. O cabaliño de mar narigudo (Hippocampus guttulatus) foi obxecto dunha investigación or parte de Andreu Blanco, do Grupo de BioloxÃa e FisioloxÃa Larvaria de Peixes do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. Este animaliño figura no Catálogo Español de Especies Ameazadas. Andreu Blanco identificou "cinco factores clave no creceemtno e a supervivencia da especie en laboratorio: o tipo de acuario, a aireación, a temperatura da auga, a alimentación e, en menor media, o ciclo de luz". Para os curiosos, dicir que a receita para criar Hippocampi guttulati en cautivdade pasa por empregar pseudoKreisel, aireación forte, 16 horas de luz e 8 de escuridade, temperatura entre os 19º e os 20º e unha dieta baseada en copépodos calanoides.