Escavar, consolidar e poñer en valor o asentamento galaico do castro da Cidá, a máis de douscentos metros de altura sobre a Ría de Arousa, é o obxectivo da primeira campaña que estuda cientificamente un dos maiores poboados fortificados do Barbanza, e un dos que exerce maior poder e control visual sobre o seu territorio. O arqueólogo Miguel Vidal cóntanos que é o que a campaña está a dar de si nesta fase inicial.
Sobre a cidade de Ribeira atópase o monte do Castro, onde o concello foi instalado diferentes equipamentos, desde un parque periurbán onde as escolas-obradoiro crearon réplicas de diferentes monumentos da Antigüidade de Galicia ata a Pedra da Rá, un espléndido mirador sobre o Parque Natural das Dunas de Corrubedo ou un grupo de mámoas das que xa falou no século XVIII frei Martiño Sarmiento. Pero coroando o monte está o espectacular castro da Cidá, que con dúas hectáreas de extensión é o máis grande da península do Barbanza. Un equipo arqueolóxico da empresa Arqueología del Noroeste financiado polo Concello de Riveira está a exhumar parte do amplio complexo.
Sempre se dixo que este castro estaba fatal, todo patas para arriba, pero a verdade é que nunca mo crin, asegura Miguel Vidal, director arqueolóxico dunha intervención na que traballan quince especialistas. A principal alteración que observamos son os procesos de canteiría tradicional. Temos fotos aéreas antigas que podemos contrastar coa actualidade, e si que observamos que os afloramentos rochosos foron reducidos de forma intensiva, pero os niveis arqueolóxicos semellan estar en bastante bo estado. O castro si tiña algunhas afeccións, fochancas, como as chaman sempre en broma os arqueólogos galegos, levadas a cabo por afeccionados nas últimas décadas, pero non supuxeron un dano grave ao recinto arqueolóxico.
Tres áreas de intervención
O equipo que dirixe Miguel Vidal estará traballando na escavación entre abril e maio, e calculan outros dous meses máis en obras de consolidación e restauración, aínda que os prazos poden variar. No seu plan está traballar en tres espazos distintos: a muralla de entrada, na que unha sondaxe permite apreciar a estrutura do muro interior que dá firmeza ao parapeto de terra, feito cunha técnica bastante habitual nas Rías Baixas. No segundo recinto, aínda non aberto, os arqueólogos reprantexaron unha área de sondaxe entre as murallas tirando cara o centro do recinto, e antes de escavar xa se albiscan alí restos de construcións.
A terceira área de excavación, certamente espectacular, é a plataforma superior do castro, o sitio desde onde se aprecia unha impresionante panorámica de 360º sobre o sur da península do Barbanza, desde os vales de Oleiros ata o faro de Corrubedo, percorrendo as lagoas e as dunas ata Aguiño e desde aló ata a Pobra do Caramiñal, ademáis do pleno control da ría e do Océano ata Fisterra. Nese recinto superior, os arqueólogos acometen unha ambiciosa excavación en área de 500 metros cadrados.
A verdade é que estamos sorprendidos co que hai alí, unha gran densidade de estruturas. Aínda que os arqueólogos están na fase de retirar derrubos, os visitantes xa poden ver nese recintos superior o que quedou dunha intensa ocupación dese espazo: sete estruturas circulares e oblongas, cunha combinación moi típica da costa galega, apiñocándose nese recinto. Delimitándoo, obsérvase unha sorte de muro. É a fronte do que parece ser unha muralla, pero aínda non sabemos se se trata dun terraplén cunha pequena delimitación en pedra, sinala Vidal.
Nesa zona superior é onde se atopa, ata o momento, a estrutura máis enigmática do castro. Trátase dunha estrutura rectangular, de factura moi distinta ás cabanas da Idade do Ferro, que está superpoñéndose e comendo parte de dúas cabanas antigas. Vidal pon en relación esta estrutura coa cantidade de tella do país que se pode observar por boa parte do recinto visitable na actualidade. Movémonos nun arco cronolóxico bastante amplo para ela, pero si temos claro que é de medieval en dirección ao noso tempo, e que posiblemente non sexa unha estrutura habitacional. Nun territorio especialmente sometido aos ataques e invasións desde o mar, por unha banda, e por outra cunha gran economía dependente do comercio e da pesca maríticas, se cadra esa estrutura encaixe nun contexto de observación do territorio. De ser así, sería a primeira deste tipo exhumada no Barbanza.
Polo demáis, o castro está sendo ben parco en subministrar información cronolóxica ata o momento. Si podemos saber que ata agora non nos sae nada do periodo romano, sinala Vidal, pero en realidade non están aparecendo tampouco, polo momento, outro tipo de materiais arqueolóxicos, que permitan afinar a cronoloxía do asentamento. A excavación atópase nunha fase bastante inicial. O que si está claro é a súa pertenza á Idade do Ferro, unha época histórica fundamental para a Historia de Galicia, iniciada ao redor do 700 a.C. e finalizada coa conquista romana no 19 a.C.
Unha nova excavación nunha comarca especialmente fértil
A comarca do Barbanza pasa por ser unha das máis estudadas de Galicia no ámbito da Idade do Ferro. Desde o emblemático Castro de Baroña en Porto do Son ata os dous castros de Neixón, en Boiro, o castro do Achadizo en Boiro, o castro de Porto Baixo (Ribeira) ou intervencións máis puntuais en castros como Punta Ostreira, na Pobra do Caramiñal ou mesmo a posible aldea aberta de Taramancos (Noia) ou o Abrigo dos Pericos (Ribeira). Cada un deles achegou distintos niveis de información sobre o período e amosaron a diversidade de rexistros que a Idade do Ferro pode ter en Galicia.
Aberto por obras
Miguel Vidal sinala que a excavación do castro está aberta por obras, isto é, que os visitantes son benvidos e poden coñecer as diferentes fases do proxecto. Ás doce da mañá, diariamente, está programada unha visita guiada, pero as persoas que acudan son ben recibidos en calquera outro momento. O castro tamén comeza a recibir visitas de escolares.
culturagalega.org fará un seguimento da campaña do castro para sinalar as novidades atopadas.

Unha ollada ás escavacións. Cabana cadrangular no recinto alto.
Obsérvese como a cabana está situada sobre unha gran cantidade de entullo dunha vivenda castrexa anterior.
Parapeto do castro.
O parapeto ten un muro no interior para outorgar solidez a toda a estrutura. É típico do litoral galego.
Outra vista da cabana cadrangular
Nesta outra vista pode apreciarse como tamén está construída por riba dunha vivenda castrexa circular que se aprecia ao fondo. Tamén ao fondo vese a posible muralla ou o peche do terraplén.
Cabanas oblongas
No recinto superior comezan a verse os muros de grandes cabanas oblongas, similares a outros castros da costa como Borneiro ou Mallou.