O teatro galego está de gala esta noite (Teatro RosalÃa de Castro, 20:30 horas). Coa celebración dos MarÃa Casares a profesión premia os que considera os mellores espectáculos da temporada 2013. Montaxes que recollen historias próximas ou alleas nas que hai un marcado pesimismo. Reflexo ou non da situación actual, o certo é que se no ano anterior as compañÃas se mofaban da crise, para este ano teatral as suas historias baixaron o ton cómico.
A decadencia de Europa, o paro feminino nas conserveiras, a desazón familiar dunha escritora de macabros contos infantÃs, uns personaxes que se refuxian na loucura para manterse coherentes...As liñas argumentais dos espectáculos remiten a universos grises e sombrÃos. Consciente ou insconsciente, estas son as historias que puxeron sobre as táboas as compañÃas galegas na temporada teatral.
Teatro en blanco e negro
A gran favorita para os premios MarÃa Casares que recoñecen o teatro galego conta unha farsa sobre a fin da idea de Europa, dun atraco cidadán sobre o que Ãa ser a zona euro. Contada cunha estética que mimetiza o estilo de Tarantino en Reservoir Dogs, Eurozone non é a única obra que exhibe un universo gris, triste e desesperanzador. Abrapalabra recolle o drama laboral das traballadoras das conserveiras en As do peixe. A conserva foi un dos principais motores da modernización no noso paÃs no século XX e o seu abandono progresivo marcou un cambio de época. Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e RocÃo González poñen en escena as vivencias persoais dun sector completamente esquecido na dramática galega e que Cándido Pazó recupera co seu ton particular.
Se en 2012, Produción PT Excéntricas se achegaba a un texto de Martin McDonagh en clave de humor, en 2013, Il Maquinario teatro preséntase ao público con ese mesmo autor pero cunha atmosfera ben diferente. Un thriller que nos traslada a un paÃs totalitario, nun violento interrogatorio a unha escritora de macabros contos infantÃs, que gardan relación coa descuberta de cadáveres de nenos. Nesta mesma liña de personaxes atormentados (e atormentadores) transcorre A charca inútil, unha historia de soidade e misterio que presenta uns personaxes que se refuxian na loucura para manterse coherentes.
En Bye Bye Honey, Obras públicas e Abrapalabra xúntanse para contar a historia dunha moza de barrio que emprende un camiño perigoso. A ritmo de teatro musical “de clase baixa”, ofrecen unha produción dura, ácida e descarnada no que hai espazo para o humor. E entre tanta negrura, un soplo de aire fresco: o amor (e desamor) ao que clama Voadora en Waltz. Unha aposta moi plástica e estética, que tivo moi boa acollida polo público e que conta con catro candidaturas.
Producións de todas as dimensións
Outra da caracterÃsticas que descobre a relación de finalistas dos MarÃa Casares é unha aposta total polas produción desenvolvidas pola profesión a nivel privado, deixando de lado completamente o teatro público. O Centro Dramático Galego é o gran ausente entre os finalistas nas trece categorÃas que recolle este galardón. Un feito insólito na historia recente do premio que mantivo altibaixos na súa relación coa produción pública. Polo demais, hai espectáculos de gran formato encabezados por Chévere e TalÃa Teatro. O espectáculo co que Chévere celebrou as súas vodas de prata cubriu varios fitos. En primeiro lugar, porque o proceso de creación non partiu dun texto, senón dunha idea “falar da crise de Europa” e que foi collendo forma nos ensaios. Segundo, porque para a escenografÃa Chévere convocou un concurso de ideas que contou coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia. Pero, sobre todo, porque os 100.000 euros desta montaxe serviron para dar emprego a 8 actores que emulaban aos paralelismos entre os personaxes da pelÃcula de Tarantino e os lÃderes polÃticos e económicos de Europa. A crise de Europa a ritmo de Tarantino é a gran finalista desta edición. É pode ser o ano de Chévere xa que bateu un fito no teatro galego ao ser a primeira produción galega nunha temporada do Centro Dramático Nacional.
Outra gran produción é Gaivotas subterráneas que malia que só conta con dous actores en escena foi, en palabras de Artur Trillo, “un experimento comercial, que non escatimara na escenografÃa e contratando a dous actores que ademais de coñecidos foran os máis axeitados posible para os papeis”. Dous actores moi populares como son Luis Iglesia e Xabier Deive, protagonistas na serie da TVG Matalobos e nas que participan tres empresas: RTA na de servizo técnico, Voz Audiovisual e TalÃa Teatro nas artes escénicas, que revisita este texto que xa puxera en escena anos atrás.
Pero tamén hai espectáculos de compañÃas novas, meritorias as seis candidaturas de O home almofada, montaxe debut de ilMaquinario Teatro, compañÃa formada polas primeiras fornadas de alumnos da Escola Superior de Arte Dramática (finalista a mellor iluminación, adaptación, escenografÃa, actos protagonista, dirección e espectáculo). Canda ela, Matrioshka Teatro, unha compañÃa formada polas actrices Anabell Gago e Lorena Conde que pretende poñer en escena obras contemporáneas, estéticas e lúdicas.