Conta atrás para o punto Gal

Manuel González, presidente de Punto Gal, avisa de que o proceso de rexistro comezará "nuns días"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Conta atrás para o punto Gal

"Nuns poucos días" comezará o proceso para poñer en marcha o dominio "punto Gal". A reivindicación dun dominio propio para a lingua e cultura galegas deixará atrás os trámites burocráticos e comezará a segunda gran tarefa para a asociación constituída en 2006: conseguir que a sociedade lle dea valor a un dominio que identificará Galicia na rede. Así o manifestou Manuel González nas xornadas "A mediación cultural en Internet" que se están a celebrar hoxe no Consello da Cultura Galega.

O proceso para que a ICANN, a entidade que xestiona os dominios e sufixos da rede, conceda un novo "dominio" é lento e precisa de numerosos informes tanto técnicos como de viabilidade. Manuel González, profesor da USC, membro da Real Academia Galega e presidente de Punto Gal, detallou hoxe as dificultades e prevencións do longo proceso que levou á consecución dun dominio ".gal" para Galicia en 2003. Segundo González, "nuns días" poderase iniciar tecnicamente o proceso de rexistro de dominios, que será gradual e por niveis, ata a fase final, que é o rexistro en aberto para calquera interesado en particular.

A asociación Punto Gal pasará a converterse no ente que administrará e xestionará tecnicamente o dominio e percibirá, xa que logo, parte dos ingresos dos rexistros. González estimou nuns "8.000 dominios", o número de rexistros que faran viable economicamente a entidade e a propia existencia do dominio.

A nova fase, segundo sinalou Manuel González, centrarase en facer percibir a relevancia do donminio ".gal" para empresas e particulares de Galicia.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel González, Internet, Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega...