O ILG presenta o Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués

A ferramenta permite coñecer as variedades dialectais das palabras e a súa localización

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Unha base de datos que reúne "repertorios léxicos galegos, portugueses e brasileiros con referenciación xeográfica concreta das voces contidas neles". O Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués botaba a andar onte da man do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago. Esta ferramente en liña, que contou coa colaboración de 20 universidades de Galicia, Portugal e Brasil, permite coñecer as variedades de diferentes palabras nos tres países, indicando en qué lugares están recollidas as diferentes formas. O proxecto incorpora datos de estudos ata o momento inéditos ou de difícil acceso e foi coordinado por Rosario Álvarez.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Brasil, ILG, Rosario Álvarez...