Cando a resposta á marea comezaba a chegar ao mundo da cultura, houbo un colectivo que se destacou especialmente na súa autoorganización. Os debuxantes de banda deseñada que nunca conseguiran unirse nun colectivo a nivel galego, tardaron menos de quince dÃas en crear o Colectivo Chapapote e integralo na Plataforma contra a Burla Negra, loitando en igualdade de condicións con pintores, músicos, actores e escritores.
O mundo da banda deseñada en Galicia é desde sempre un espacio de francotiradores culturais. Iniciativas locais, publicacións de escasa difusión, descoñecemento mutuo entre os creadores... foron a tónica dominante nos 30 anos de historia da novena arte no paÃs. A aparición do soportal Banda Deseñada de culturagalega.org, canda iniciativas coma a revista "BD Banda" ou as autoedicións de calidade feitas polo colectivo Polaqia comezaron a acadar presencia pública e a perfilar a idea de que existÃa unha banda deseñada galega. A marea negra supuxo un revulsivo que lle deu á xente unha razón para mobilizarse ao tempo que lle daba publicidade á iniciativa e, por primeira vez, a práctica totalidade dos creadores galegos de banda deseñada unÃronse no Colectivo Chapapote, conseguindo involucrar no proxecto a ilustradores e humoristas gráficos. Humor (negro,por suposto) e creatividade gráfica son as armas da súa protesta.
Unidos baixo o manto negro
Kike Benlloch e Manel Cráneo acudiran, como tantas outras persoas, á xuntanza que a Plataforma contra a Burla Negra, acabada de nacer, convocaba en Compostela o seis de decembro. A indignación era moita, e pensando en cómo podÃan colaborar desde a súa condición de creadores de banda deseñada, Manel Cráneo lanzou a idea de xuntar a xente da novena arte e "facer algo, porque o que está a pasar é moi gordo". O catálogo de autores do soportal BD de culturagalega.org e as amizades no medio permitiron facer os primeiros contactos, e a partir de aà a convocatoria pública a través da rede trouxo toda a xente nova. Ademais de Internet, cada dous dÃas hai xuntanzas dos promotores, erixidos en coordinadores dos colectivo. Unha vez ao mes aproximadamente hai unha reunión dos coordinadores de zona. Os autores que participan no colectivo son informados cada quince dÃas a través do correo electrónico, e puntualmente contáctase con colaboradores de fóra de Galicia coma Calpurnio, Borja Crespo ou Christián Osuna. Este sistema de traballo está a acadar uns bos resultados, "o máis importante do colectivo chapapote é que a xente da BD galega se comportou como un medio adulto, ben organizado e demos exemplo de eficiencia", sinala Benlloch.
Unha publicación para xuntalos a todos
O principal obxectivo de Chapapote é a publicación dun álbum de banda deseñada que recolla traballos de todos os participantes sobre a catástrofe do Prestige. Ata oitenta creadores de banda deseñada colaboran neste empeño, desde profesionais de prestixio e con carreira coma Miguelanxo Prado ata algunha das novas creadoras que comezan a despuntar coma MarÃa Rial. Cada un deles participará en igualdade de condicións achegando unha páxina ao proxecto, que pretende saÃr á rúa o doce de maio do 2003, aniversario do desastre do Urkiola. Polo de agora xa se recibiu unha oitava parte do material comprometido e, segundo os coordinadores da iniciativa "o nivel medio é moi alto, estamos sorprendidos. Sempre hai máis xente que os que se coñecen de BD Banda, Polaqia e as distintas xornadas."
Protesta dixital...
Polo de agora xa puxeron en marcha, en colaboración coa empresa de deseño Sysvisions, a web chapapote.org, na que se recollen todo tipo de iniciativas gráficas, tanto as producidas polos colaboradores do colectivo coma as que circulan pola rede, relacionadas coa marea negra. Deste xeito, humor gráfico, fotomontaxes, vÃdeos, animacións ou, por suposto, banda deseñada, danse cita neste web, que tamén amosa os diferentes carteis deseñados polo colectivo e información sobre outras iniciativas culturais contra a marea negra. Achegas desde Francia, México ou Barcelona completan as reflexións en forma de imaxe feitas en Galicia.
...e protesta analóxica
Chapapote tamén foi o encargado de deseñar a imaxe do concerto "Un canto de autor por Galicia", que se desenvolveu en Compostela. O 28 de decembro encheron Galicia de carteis nos que se vÃa un monifate negro en referencia ó fuel que cubrÃa as praias. O catorce de decembro unha parella de voluntarios saudaba desde outro cartel co lema "Chapapote no corazón", e o dÃa 16 Pontevedra acollÃa unha "Manchada Popular" na que nenos e maiores pintaron a praza da FerrerÃa con chapapote simbólico. Novos carteis feitos polo colectivo encherán Galicia noutras datas sinaladas como Semana Santa ou o DÃa das Letras. Chapapote tamén estará presente na rúa mediante camisetas, postais ou chapas. Para finais de marzo veremos unha mostra na Coruña que recolle ilustracións, historias e traballos de autores galegos e foráneos, incluÃndo colaboracións desde México ou Brasil entre outros paÃses.
Cimentos de chapapote
A axenda para este ano é intensa. Colaboracións coa Burla Negra, o xornal "Nunca Máis" e outras iniciativas cidadás de resposta ao Prestige. Participar nun libro de educación ambiental promovido por diferentes colectivos ecoloxistas. Algún dos participantes pensa que este pode ser o comezo para chegar a ter unha asociacións máis ou menos estable de creadores de banda deseñada no noso paÃs. "Non sei se vai derivar nunha estructura formal ou o que sexa, pero de repente hai unha vÃa de comunicación entre todos os autores do paÃs, e isto ten que dar en algo", sinala Kike Benlloch, "cando menos, quedará unha dinámica" que mobilizará este colectivo ante calquera problema social novo.