A Xanela, 36

Etnografía, historia ou literatura danse cita na nova entrega da revista mariñá

A Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos presentaba o pasado venres 13 de decembro a nova entrega da súa revista A Xanela. Creación literaria a cargo de autores como Carme Romero, Miguel Mato, Diana Varela ou Manuel Fiaño entre outros, os debuxos e bandas deseñadas de Víctor Tizón ou Sabela Arias son algúns dos contidos. Canda a estes, poden atoparse artigos sobre os murais do pintor Xosé Ramón Villar Chao, o pazo de San Martiño de Orto, o ou traballo do exiptólogo José Presedo Velo, así como as habituais seccións de crítica musical e de recensións de publicacións.