Ata o vindeiro 9 de xuño está aberto o prazo para presentar proxectos de exposicións artÃsticas á Casa das Artes e á Casa Galega da Cultura, en Vigo. O Concello publicou unha convocatoria para cubrir o programa da súa Rede de Museos no segundo semestre de 2024 e durante todo 2025 mediante concorrencia competitiva.
Segundo establecen estas bases, os dous espazos "programarán mostras que exploren as linguaxes creativas contemporáneas e os grandes temas da sociedade contemporánea, valorando especialmente as propostas artÃsticas locais e galegas en xeral", que deberán ser inéditas na cidade. O Concello prevé un orzamento máximo de 5.000 para cada exposición na Casa da Cultura e de 30.000 para as que se desenvolvan na Casa das Artes, sen que especifique o número de mostras que se desenvolverán ao abeiro desta convocatoria.
De xeito máis concreto, a Casa Galega da Cultura funcionará ao abeiro deste programa como "espazo de apoio ao talento creativo das e dos artistas emerxentes que procedan ou residan en Galicia, de ata 35 anos de idade, en calquera disciplina da creación artÃstica (pintura, escultura, fotografÃa, instalación, audiovisual, moda, deseño...) ou calquera outra transdisciplinar propia das Artes Plásticas e Visuais".
Pola súa banda, a Casa das Artes resérvase "para a programación de exposicións temporais por parte de artistas, comisarias e comisarios, xestoras e xestores culturais, entidades e outros axentes activos do circuÃto profesional". Na mesma "priorizaranse as exposicións temporais relacionadas coas linguaxes creativas contemporáneas e as que exploran os grandes temas da sociedade contemporánea, valorando especialmente as propostas artÃsticas locais e galegas en xeral".
O texto da convocatoria sinala ademais que esta orientación "permitirá, de xeito coordinado co Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) e coa Fundación Laxeiro, reforzar as sinerxÃas e establecer un amplo espazo de creación, innovación e discusión contemporánea na cidade".
Nos criterios de selección de proxectos aplicaranse criterios como a calidade artÃstica, orixinalidade e valor cultural, relación con linguaxes creativas contemporáneas ou conexión territorial da proposta canda a traxectoria profesional de quen a promova.