O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe dúas resolucións da Axencia Galega de Industrias Culturais da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude coas que semella marcarse un novo xeito de executar os apoios ao sector dos festivais de música da nosa comunidade, intención non confirmada oficialmente desde AGADIC. Os feitos son que a convocatoria anual de axudas a este eventos, que este ano faise por separado da dos festivais de artes escénicas, presenta unha redución significativa do seu orzamento, pasando dos 360.000 euros consignados en 2023 a 80.000 euros nesta convocatoria, pouco máis dunha cuarta parte do anterior. A isto engádese que sen chegar a compensar a diferenza, Agadic publica ao mesmo tempo no DOG as condicións de adhesión á marca Fest Galicia e os requisitos para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas que leven a cabo festivais profesionais. Neste caso a partida experimenta un aumento tamén considerable, chegando este ano aos 450.000 euros consignados, respecto aos 250.000 do pasado ano. En todo caso a suma das partidas actuais dá un resultado inferior ao de 2023, 80.000 euros menos para estes eventos en Galicia. Esta baixada non se ve tampouco compensada co aumento que este ano recibiron os festivais de artes escénicas ao seren convocadas as axudas de xeito separado, que aumentaron en 65.000 euros respecto ao 2023.
Cambios nas condicións para ser patrocinados
A resolución para acceder aos patrocinios Fest Galicia presenta entre os condicionantes algunhas variacións respecto ao pasado ano, Introduce neste caso tres categorÃas diferentes de adhesión, con cadanseu tope de patrocinio asignado, reservando as mellores asignacións a aqueles festivais con máis antigüidade, marcando un mÃnimo de dez edicións do festival, pero establecendo unha excepción para aqueles que teñan lugar nas provincias de Ourense ou Lugo, en que o número de edicións será de cinco. Nas outras dúas categorÃas redúcense estes mÃnimos a cinco e dúas edicións sen excepcións. A convocatoria vai dirixida a empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora de festivais e que non supoña un factor de competencia desleal no sector, esÃxese ademais que o festival poña á venda, ao público xeral, conforme prezos de mercado, un mÃnimo do 95 por cento da súa capacidade. Ademais en todos eles deben incluÃrse un mÃnimo de dous artistas de Galicia no programa. No relativo á liña de subvencións por concorrencia competitiva, as condicións tamén presentan cambios. Como o feito de incluÃr neste caso como posibles beneficiarios a asociacións en cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda, aÃnda que se manteñen fóra as fundacións ou outras figura sen ánimo de lucro. Outras novidades inclúen que os festivais deberán ter a súa data de realización entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro do ano 2024, acreditar unha antigüidade de, polo menos, dúas edicións, excluÃda a edición que se presenta a esta convocatoria e ofrecer unha duración mÃnima de dous dÃas.