Non hai ningunha figura tan controvertida nin polémica na Historia galega coma o mariscal Pedro Pardo de Cela. Este poderoso aristócrata enfrontouse aos Reis Católicos e rematou degolado na praza maior de Mondoñedo o 17 de decembro de 1483, pero a lenda e a data asignada pola tradición contradise co que revela os novos documentos exhumados e editados por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, historiador, director do CSIC Galicia, durante o último número, o 126, da revista cientÃfica Cuadernos de Estudios Gallegos.
Como se recuperou
En realidade non se conserva o documento orixinal coa declaración testamentaria de Pardo de Cela, senón tres copias que foron usadas como documentos probatorios usados polos descendentes do Mariscal nas súas demandas contra outros terratenentes que aproveitaran a desorde familiar para facerse con terras e bens. En concreto, o material puido ser recuperado no Arquivo da Real ChancillerÃa de Valladolid, onde chegou o pleito despois de ser litigado tamén na xustiz do reino de Galicia. En 1503 iniciouse un longuÃsimo proceso xudicial entre o bispo de Mondoñedo e o correxidor de Viveiro, Bernaldino de Castellanos, a instancias da súa muller Maior de Vaamonde, que era familiar do Mariscal. Entre as probas entregadas á xustiza está unha copia do testamento. O pleito rematarÃa moitÃsimo despois, en 1542, na Audiencia de Valladolid, e acabarÃa por achegar tres copias do testamento, unhas máis fidedignas que outras.
Preso na casa do coengo
Se alguén espera un texto de estilo épico e memorialÃstico, sen dúbida se sentirá decepcionado, xa que o testamento de Pardo de Cela é unicamente un documento instrumental e notarial destinado a repartir e aclarar a herdanza do Mariscal, aÃnda que Pardo de Guevara advirte notables diferencias cos testamentos doutros grandes aristócratas da época, en especial “a ausencia de determinadas cláusulas e detalles usuais entre quen tamén disfrutaban desa posición de privilexio, coma o arbitrio de certas medidas destinadas a fortalecer a liñaxe e a memoria propia, a manter a integridade do patrimonio ou aludir ao resto da súa liñaxe". Pardo de Cela debÃa percibir que con el remataba, de algún xeito, o seu mundo.
Os datos do testamento revela que estaba preso nunha “cámara” dun coengo da catedral de Mondoñedo chamado Fernán balea, e alà foi onde se redactou o seu testamento entre o 1 e 3 de outubro de 1483. Isto provoca un cambio na data atribuida popularmente a súa morte. Segundo Pardo de Guevara, o documento debeu ser redactado con rapidez pouco antes de ser executado. A declaración dunha das testemuñas que asocia os dous feitos parecen asentar esa hipótese. Pardo de Cela serÃa executado, xa que logo, a principios de outubro.
O novo fillo
O testamento de Pardo de Cela revela tamén a existencia dun novo fillo do Mariscal. Chamábase Juan Núñez Pardo e a el entrégalle o foro do coto de Frexulfe. Segundo Pardo de Guevara, este fillo era ilexÃtimo e este será o único momento de aparición nesta historia. Non se volve saber nada máis del.
“Estes acontecementos”, sinala Pardo de Guevara comentando a execución do Mariscal, “eran ata agora de todo impenetrables”. AÃnda que o texto ten unha forma xurÃdica moi rÃxida, o especialista le entre liñas o que fai deste documento un elemento moi valioso, aÃnda que determinadas cousas non se conten de xeito expreso. Guevara reparou nas testemuñas do testamento. Nelas non están os familiares de Pardo de Cela, nin os grandes noles da Galicia de finais do século XV. No canto, as testemuñas que refrendan o testamento son cregos mindonienses, “e un máis reducido pero non menos significativo número de escuderos e criados do rei de orixe ou natureza non galega, todos de raizame netamente castelá”. Son nestes pequenos detalles, aparentemente menores, dun texto, onde se percibe a traxedia vivida en Mondoñedo en outubro de 1483. Despois dela, xa nada serÃa igual.