A finais do século XVIII o espÃrito da Ilustración percorrÃa Europa. En diferentes cidades do Reino de España os notables unÃanse coa intención de difundiren este espÃrito na forma da Sociedades de Amigos do PaÃs, apoiadas e fomentadas desde a Corte de Carlos III. Galicia non foi allea a este movemento e Compostela vÃa nacer a súa propia asociación en 1784. Hoxe en dÃa, con moito menos esplendor que en datas pasadas, a Real Sociedade Económica de Amigos do PaÃs continúa exercendo a súa actividade.
A Sociedade Económica de Amigos del PaÃs de Santiago tivo nas súas orixes un grande peso do estamento eclesiástico. Entre os seus fundadores estaba o cóengo Antonio Páramo e Somoza e o racioneiro da catedral Pedro Antonio Sánchez entre outros. Con eles, varios membros da Universidade e algúns veciños de Compostela presentaban en 1873 o proxecto de sociedade, semellante a outras iniciativas creadas na PenÃnsula. No 84 procedeuse a constitución oficial e a finais dese mesmo ano o Rei Carlos III acolleuna baixo a súa protección outorgándolle o tÃtulo de Real. A intención da sociedade, segundo os seus estatutos era "Mellorar a industria popular e os oficios, axudar o seu ensino, divulgar os secretos das Artes, anunciar as máquinas que simplifiquen as manobras..." Unha intención acorde coas ideas ilustradas da época que pretendÃa aproveitar os adiantos técnicos e favorecer con eles a toda a poboación.
Intermitencia
Desde aquel afastado século XVIII, a Sociedade coñeceu horas máis baixas e máis altas. Só seis anos despois da súa fundación, desaparecen as actuacións da entidade, que revivirÃa coas Cortes de Cádiz en 1813 e aÃnda posteriormente en 1821 coincidindo cos diferentes perÃodos de goberno de corte liberal. HaberÃa que agardar ata 1834 para ver a última revitalización dunha Sociedade que continúa, sen moitos folgos, hoxe. Se nunha primeira etapa eran os relixiosos os que tiñan un maior peso no colectivo, en sucesivas épocas foi aumentado o peso do colectivo universitario e da burguesÃa da cidade. En canto a socios, as cifras oscilaron entre os 402 do comezo, os 88 de 1889 e os 420 de 1883. Na actualidade arredor de setenta persoas continúan vencelladas á asociación, pagando unha cota simbólica.
Estudiar o paÃs
Unha das principais actividades da Real Sociedade Económica desde a súa fundación foi o desenvolvemento de estudios sobre cuestións agrÃcolas, gandeiras, pesqueiras ou industriais. Estes artigos vÃan a luz en informes monográficos ou nas diversas publicacións periódicas que ao longo do tempo foi publicando a institución. Desde xeito, durante o século XVIII e o XIX a Sociedade preocupouse polo problema do aforamento de terras en Galicia e a baixa productividade da nosa agricultura, asà como da emigración, a introducción de novas técnicas agrarias e gandeiras, ou os problemas da pesca. Este colectivo tamén foi pioneiro na reclamación dunha liña de ferrocarril para Galicia e fomentou a creación de liñas de crédito para modernizar a agricultura. Entre finais do século XIX e comezos do XX a entidade organizou varias Exposicións Rexionais ao estilo das aclamadas Exposicións Internacionais da época.
Ensinar ao paÃs
A outra grande vertente da Sociedade Económica foi o ensino, planificado segundo as necesidades inmediatas de cada clase. AsÃ, a aprendizaxe de oficios e de novas técnicas de traballo para artesáns ou agricultores foron ata o século XIX os principais eixes de traballo. Canda a estas materias, fomentaban os estudios para a muller sempre dentro do rol que tiña na época coma nai e esposa. Deste xeito, en 1834 creouse a Escola de Debuxo, no 62 a de adultos, entre 1867 e 1885 unha Escola de Ximnasia, en 1871 nace o Ateneo Popular e a Escola de Francés, en 1877 a de Música... As ensinanzas fóronse adaptando aos tempos e uns centros abrÃan e outros pechaban segundo as necesidades. Ata hai menos de dez anos estaba en marcha a Escola de Administración, na que se daban clases de Inglés, Cálculo, TaquigrafÃa e MecanografÃa. Hoxe, aÃnda que con problemas, sobreviven unicamente o Conservatorio e a Escola de Música, que veñen de facer cincuenta anos loitando pola súa supervivencia. En 1993 celebrábase un dos últimos grandes actos da Institución, o Congreso de Reais Sociedades Económicas de Amigos do PaÃs que reuniu en Compostela a representantes das institucións deste tipo que quedan no Estado.
Hoxe: O conservatorio
Logo da creación da Escola de Música, en 1877, as súas materias foron incorporadas á Escola Nacional de Música e Declamación, e no 1893, instalada no Colexio San Clemente de Compostela, incorpórase o Conservatorio de Madrid, permitindo obter o tÃtulo oficial. Finalmente en 1953 o centro é admitido como conservatorio oficial na forma en que existe actualmente. AÃnda que nun comezo contaba co apoio municipal, a dÃa de hoxe e a única vÃa de financiamento do centro son as matrÃculas que pagan os seus arredor de setecentos alumnos. Ademais dos tÃtulos oficiais de diferentes instrumentos, o conservatorio tamén imparte estudios non oficiais na Escola de Música. A implantación dunha Escola Municipal de Música está a pór en perigo a subsistencia deste histórico centro, situado nun histórico edificio cedido por Caixa Galicia no que traballan 27 persoas. Esta situación está a provocar abondosas mobilizacións de alumnos e docentes en Compostela reclamando a conservación desta entidade.
O legado e o futuro
Como herdanza desta centenaria entidade quedan aÃnda outros rastros vivos ademais do conservatorio. Pódese falar por exemplo da Caixa de Aforros de Santiago, promovida pola Sociedade en 1880 e que darÃa lugar despois a Caixa Galicia. Tamén se pode considerar entre esta descendencia, e coa mesma idade, a Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, herdeira daqueloutra que se fundara no seo da institución ilustrada. Ademais destas institucións existe tamén un abondoso arquivo no que están recollidas todas as publicacións e artigos que xurdiron no seo desta institución. A dinámica da Sociedade foi sempre, segundo algúns dos seus actuais membros, ocuparse daquelas áreas que non estaban cubertas polos poderes públicos e cederlles a estes a competencia en canto estivesen dispostos a asumilas. Isto explica, en certa medida, a diminución de actividade que Amigos do PaÃs veu rexistrando nos últimos cen anos. Da capacidade desta institución de adaptarse a novos tempos e de buscar novos obxectivos depende a o seu futuro no século XXI. Polo de agora, a supervivencia do Conservatorio semella unha grande batalla que hai que gañar para para os herdeiros daqueles ilustrados do século XVIII.