Novos lanzamentos internacionais para a BD galega

Alberto Guitián e David Rubín publican en Francia mentres autores do país participan en eventos estatais

Cartel de Rubín para Getxo 2013
Cartel de Rubín para Getxo 2013
Logo do recente lanzamento do segundo volume de Le Heros con Rackham, o álbum Beowulf de David Rubín con guión de Santiago García verá a man en Francia da man de Casterman, unha das grandes empresas da BD gala. Da man de Diábolo está tamén xa nas librarías dese país Petaco, de Alberto Guitián. Máis preto de nós, acaba de saír en español un volume que recolle diferentes historias do personaxe Capitana Marvel, entre elas as que debuxou a galega Emma Ríos para a editora americana Marvel Cómics. A nivel de xornadas, Getxto e Expocómic contarán con presenza do país. Rubín realizou o cartel do primeiro destes encontros, ao que acudirá como convidado e cunha exposición de orixinais de Beowulf. A segunda destas citas contará pola súa banda coa presenza de Tirso Cons, que protagoniza.