En Galicia existen 4.267 arquivos documentais. Case o 60% deles son privados e, dentro da titularidade privada, 2.464 son xestionados pola Igrexa, un 57.7% do total. A Administración autonómica e o Poder Xudicial son as entidades públicas titulares de máis arquivos. Asà o revela o novo informe do Observatorio da Cultura Galega, que informa sobre a situación actual destes centros.
O Observatorio da Cultura Galega destaca que “medran de xeito significativo os arquivos de asociación e de institucións cientÃficas, culturais e de investigación”. A recollida por primeira vez de datos sobre arquivos empresariais revela a existencia de 176 arquivos de empresa en Galicia. O Observatorio da Cultura Galega destaca que os arquivos “sustentan una parte fundamental da memoria colectiva, ao mesmo tempo que constitúen o soporte testemuñal da Historia”.
Arquivos esencialmente privados
En Galicia están localizados 4.267 arquivos dos cales case o 60% pertencen a titulares privados. A Igrexa Católica –nomeadamente a través de arquivos parroquiais e outros- é a entidade que posúe unha maior cantidade de arquivos en Galicia, un 57.7% do total, un número total de 2.464. Un 9% corresponden a institucións privadas e a penas un exiguo 1% son arquivos familiares.
A maior parte dos arquivos son considerados “centrais”, como receptores activos de información, e só unha pequena parte deles son considerados “históricos”. É a Administración autonómica e o Poder xudicial os xestores públicos con maior titularidade de arquivos.
Contratación e paro
O perfil das demandates de emprego en ArquivÃstica e conservación de museos ten un perfil feminino, de 26 a 35 anos, contratado en actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades.
O perfil do paro rexistrado para a profesión de arquiveiro é o dunha muller de 26 a 35 anos con titulación universitaria da Comarca de A Coruña. Case a metade do colectivo atópase na categorÃa de parado de longa duración. A tendencia do paro rexistrado é de decrecemento irregular. A 30 de setembro de 2013 atópanse 346 demandantes nesta profesión.