Galicia Confidencial é un dos pequenos cibermedios máis lonxevos da rede e este venres celebra o seu décimo aniversario. Faráo cunha mesa redonda na Facultade de CC. da Comunicación sobre a situación dos cibermedios en galego seguida dun concerto de música clásica. Entrevistamos ao seu director, Xurxo Salgado.
culturagalega.org: En que cambiou nestes dez anos Galicia Confidencial?
Xurxo Salgado: Cambiaron moitas cousas. Cando comecei, falar de Internet era como falar da República de Mongolia. Comezou sendo un proxecto persoal e rematou por ser un proxecto empresarial. Algúns pequenos blogs persoais están a convertirse en medios de comunicación. Se a xente se pon a facer o que realmetne sabe, é constante e o fai ben, pode ter un nicho de negocio na rede. No meu caso foi a información polÃtica, pero hai xente que pode facer o mesmo con moda, deporte ou con cociña. Hai que especializarse no teu contido e a partir de aà é medrar. HoxendÃa, sen embargo, as versións dixitais dos principais medios xa son máis importantes que as edicións en papel.
culturagalega.org: Vós traballades cun tipo de fonte moi especializada, que son os polÃticos galegos. Como é a relación dos polÃticos con Internet?
X.S.: Os partidos polÃticos que non son parvos están adaptándose na nova realidade. Sen embargo, tamén é certo que neste paÃs, a nivel polÃtico, séguese pensando máis no papel que no dixital. E non todas se comportan igual: algunhas están máis adaptadas á era dixital que outras. En todo caso, os polÃticos saben que xa hai un importante target de audiencia que xa non le o papel.
culturagalega.org: E como é o futuro de Galicia Confidencial?
X.S.:Pois agardo que sexa moi saudable. Estamos ampliando o medio para que non sexa só polÃtico. A nosa sección Galicia Tendencais defende unha cultura aberta ao mundo, con tendencias e gastronomÃa. E estámoslle a dar un pulo importante á sección de Deportes. Agardamos, ademáis, que nos vindeiros meses haxa máis novidades con outros contidos.
Debo dicir que isto, que este medio sexa rendible, foi posible grazas á colaboración dos pequenos medios de Internet. GC ten moita relación con outros medios como Quepasanacosta, Certo, Valmiñor.info... Esa colaboración foi moi frutÃfera para todos. O que está claro é que os medios pequenos de Internet deben colaborar entre si para subsistir.