fin de semana 07/02

As personaxes que poboan os días dos que Anxos Sumai é cronista sáense dos seus propios mapas vitais e caen nun espacio en ningures onde agardan un cambio mentres resisten o embate das horas sen caer en desesperacións. En “Anxos.. de garda” a escritora fálanos das equipaxes que vanse enchendo coa vida e de todo aquilo que cada persoa leva consigo onde vai. Cousas persoais e intransferibles que levan acento arxentino, cousas que ás veces son como cadeas que ligan as persoas coas súas orixes por moi afastadas que queden, cousas que mesmo pesan máis cando a separación do fogar faise por motivos de necesidade forzosa. E no encrucillado desta semana prepara os teus músculos máis intelectuais para darlle voltas as palabras ata conseguir encher toda a grella do pasatempo.