O can de palleiro xa ten pedigrí e aparece no Courel un insecto único no mundo

Bechos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A fauna galega ten novidades. En primeiro lugar, o comunmente chamado can de palleiro, acaba de conseguir rango de raza con todo o que iso significa; libro xenealóxico, protección e potenciación por parte do goberno e o seu recoñecemento xenético, social e cultural. E tamén de animais, pero menos comúns e máis pequenos, está o "galaidodytes caurelienses" (un escaravello). Un novo insecto que se localiza unicamente nunha gruta da serra do Courel.

Can de palleiro, can de raza

Durme nos palleiros, de aí a súa denominación, de orixe indoeuropea, común ós cans campesiños de Centro Europa que comparte orixe cos belgas, holandeses, alemáns.... As súas aptitudes é a grande intelixencia, que é valente, traballador e cun carácter diferente segundo a persoa coa que se enfronte; doce e feble cos donos e reservado e forte cos que non coñece. Son as principais características do can de palleiro, as mesmas que determinaron que agora pase a estar catalogado como raza, ó mesmo nivel dos mastíns ou dos podencos.



Achado dun insecto

Unha das grutas do Courel conta cun inquilino un pouco peculiar e infrecuente. Tanto que é unha especia única no mundo. É o "Galaicodytes caurelensis", un escaravello, que segundo os seus descubridores supoñen é o único supervivinte europeo dunha familila de insectos tropicais que desapareceu de Europa tralos cambios climáticos da Era Cuaternaria. Un feito que serve de apoio á teoría da deriva dos continentes. Agora mesmo, o único seguro é que pertence a unha especie e a un xénero descoñecido ata o momento. Este achado corre a mans de José María Salgado, e Vicente Ortuño, catedráticos da Universidade de León e da Autónoma de Madrid, respectivamente e que publicaron nun artigo na European Journal of Enthomology, unha revista de divulgación científica.


Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Bechos de excepción

Bechos de excepción

Berrobambán descobre o universo dos bechos no seu último espectáculo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Courel, Europa, Xénero, Cans...

Claves

Conceptos