A 1300 metros de altitude, entre os concellos de CandÃn (León) e Ibias (Asturias), un grupo de arqueólogos asturianos localizara hai uns anos un enorme recinto de 5,5 hectáreas que estimaran a nivel hipotético como un campamento romano, complementado con outro asentamento militar nun outeiro próximo, xa na zona galega de Navia de Suarna. Estes dÃas, un equipo arqueolóxico do CISC dirixido por Javier Sánchez-Palencia e Almudena Orejas está a investigar o recinto e confirmaron arqueoloxicamente que se trata dun recinto campamental romano, se ben aÃnda non puideron precisar a cronoloxÃa do asentamento. Os concellos de Navia de Suarna (Galicia), Ibias e CandÃn xa confirmaron o seu apoio para investigar o conxunto de A Granda das Xarras (o investigado actualmente) e A Recacha (o recinto ubicado na parte galega) de xeito conxunto en vindeiras campañas.
Este tipo de campamentos foron habituais durante as guerras levadas a cabo por Roma contra os pobos do noroeste ibérico que culminaron coa derrota dos montañeses no 19 a.C., aÃnda que pode pertencer a décadas posteriores da posguerra.