Baixo as árbores dos bosques próximos á praia de Niñóns estaba oculto un singular castro, de grandes dimensións, que conservaba, nalgúns tramos, as murallas como foron abandonadas hai dous mil anos. A pequena comunidade de Brantuas e Niñóns e o concello de Ponteceso tentan recuperala nun proxecto baseado no diálogo cos propietarios, na comunicación en tempo real dos achados e na exploración da memoria do pasado da parroquia, nun proxecto promovido polo concello de Ponteceso.
“O castro de Niñóns é un gran esquencido da arqueoloxÃa galega”, asegura o director da intervención, o arqueólogo Xurxo Ayán, “en contraposición con outros castros da área como Nemeño”. A parroquia de San Xoán de Niñóns está ubicada nunha zona periférica do concello de Ponteceso, caracterizada por unha fermosa ensenada que Eduardo Pondal xa chamou “mar de Niñóns”. Pero, desde unha perspectiva arqueolóxica, Niñóns está ao carón de dous grandes monumentos de épocas distintas: o dolmen de Dombate e o castro de Borneiro.
O castro está a ser recuperado a través dunha acción de limpeza dirixida polo arqueólogo Xurxo Ayán e que conta cunha intensa campaña de comunicación na rede levada a cabo polo xornalista Manuel Gago. O proxecto, promovido polo Concello de Ponteceso, busca facer visibles de novo as espectaculares defensas dun sitio arqueolóxico que, malia a canteirÃa tradicional que traballou no sitio arqueolóxico na posguerra, chegou ata nós en excelentes condicións. Foron os propios veciños da zona, a través da Asociación Cultural A Nosa Señora do Faro (Brantuas-Niñóns) os que se mobilizaron para recuperar un vello signo da súa identidade. Inicialmente, o proxecto pretende limpar o sitio arqueolóxico para facilitar o seu estudo pero tamén o seu recoñecemento. “Pretendemos de algunha forma crear outro monumento na parroquia”, sinala Xurxo Ayán. Pero hai máis obxectivos. “Buscamos demostrar que só con limpezas é doado visibilizar e protexer o patrimonio cultural do paÃs”, sinala Manuel Gago.
Só Antón RodrÃguez Casal, hoxe profesor da Universidade de Santiago, prestara atención ao castro nunha catalogación dos anos 70. De aquela o castro das Croas non estaba tan poboado de eucaliptos coma hoxe e a súa pranta monumental percibÃase con nitidez. Un castro de maior tamaño do habitual (posiblemente máis de dúas hectáreas) con tres liñas defensivas con rexas murallas de pedra que parecÃan moi interesadas en ser vistas desde o mar e controlar a terra. “O seu emprazamento oriéntase ao control das terras máis fértiles desde o punto de vista agrario. Doutra volta, domÃnase todo o mar de Niñóns.”, afirma Xurxo Ayán, “ Resgardado contra o interior e non exposto aos perigos que viñan por mar, o poboado fortificado é un bo exemplo desas paisaxes artelladas polo comercio a longa distancia entre o Mediterráneo e o Atlántico”. Ayán ilústrao graficamente: “por diante de Niñóns pasou a escuadra de Xulio César cando atacou Brigantium”.
Paisaxe de fronteira
Un dos aspectos máis interesantes do proxecto a nivel arqueolóxico é o concepto de “paisaxe de fronteira”, xa que se considera que a zona entre o rÃo Anllóns e Punta Nariga habÃa ser unha divisoria territorial entre dous dos pobos máis mencionados polas fontes clásicas na antiga Gallaecia: os nerios e os ártabros. O proxecto busca atopar e entender as diferencias e proximidades culturais da Idade do Ferro nunha zona moi investigada. “Non hai ningún castro estudado en profundidade entre Borneiro, ao sur de Niñóns, e o castro de Elviña na Coruña”, sinala Xurxo Ayán..
ArqueoloxÃa social
O proxecto inscrÃbese dentro do que se coñece como arqueoloxÃa pública, unha tendencia a incorporar, a través de diferentes estratexias, aos cidadáns aos procesos de intervención sobre patrimonio cultural. A través de dúas xornadas de voluntariado, que combinan programación cultural e traballos de limpeza no castro, calquer persoa pode participar nos procesos de descuberta. Mentres que o traballo máis duro e técnico e levado a cabo polas brigadas municipais, os organizadores do proxecto deseñan retos arqueolóxicos para cada unha das xornadas que poden ser solventados a través da simple limpeza dun sitio arqueolóxico.
Por exemplo, o pasado sábado 14, o obxectivo do proxecto era tentar localizar a porta de entrada no actual frontal do castro segundo se accede. Unhas ondulacións, abombamentos e afundimentos do terreo que apareceron ao limpar permitiron ao director da intervención sinalar a alta probabilidade que o espazo máis monumental do castro, o seu acceso, estea baixo esa área. E ademáis, a xornada tivo un bonus coa comprobación da existencia de, alomenos, unha doble muralla que envolve o espazo. O vindeiro sábado 28, os voluntarios intervirán limpando unha zona organizada ao redor dun penedo singular chamado o Petón do Raposo, na área menos visible e coñecida do sitio arqueolóxico debido á densidade de vexetación.
Todo o proxecto é retransmitido a través de diferentes formatos ás redes sociais e webs, con entrevistas, estudos culturais sobre a parroquia de Niñóns e novidades e achados. Un castro descoñecido volve ocupar un espazo no mapa.