As bases propuñan unha adaptación do terceiro capÃtulo da peza2132, de Roberto Vidal Bolaño (que fora editada no nº8 da Revista Galega de Teatro, cuxa editora convoca o galardón). A proposta “Esta é unha mensaxe do futuro, presten atención” de Diego Blanco López (Viveiro, 1981) foi a que resultou vencedora. O xurado, composto pola deseñadora gráfica Violeta Fernández, o escenógrafo e artista plástico Diego Valeiras e a dramaturga Vanesa Sotelo, destacou “a calidade artÃstica da proposta, asà como a capacidade de concreción e de sÃntese da historia”. Agora, Blanco López deberá realizar a adaptación completa do texto (12 páxinas e portada) e recibirá os 600 euros cos que está dotado o galardón máis a edición da obra.
Este ano o concurso tiña unha caracterÃstica especial, xa que a falta de apoios obrigou a Asociación Cultural Bambalinas a convertelo en bienal. Con este, é xa o cuarto número da colección de banda deseñada sobre o teatro galego. As obras anteriores son Historia do teatro galego, con deseños de Hugo Santos e texto de Pedro P. Riobó; Doentes, de Brais RodrÃguez Verde a partir do texto homónimo de Roberto Vidal Bolaño; -Hámster de Diego Campos a partir do texto homónimo de Santiago Cortegoso; e Belicosario, de JuanMolina a partir do texto homónimo de Manuel Lourenzo.