Lugo pode denominarse como unha zona cun gran espallamento á hora de situar ás súas formacións musicais, posto que se atopan mostras dende o norte ao sur da provincia. Pero o seu aporte á música non queda aÃ, xa que é unha provincia ben festivaleira. Conta nas súas terras ca cita galega máis importante de hard core e heavy metal, o Resurrection Fest, e por outro lado co FIV de Vilalba, que reúne na comarca da Terra Cha ó máis indie do panorama galego e estatal, tendo como caracterÃstica ser un dos primeiros festivais do ano, cando febreiro aÃnda non marchou.
En Sarria, música
Sarria é un dos puntos fortes da provincia luguesa, foco dunha boa chea de grupos (The Pedro´s, Skalopines ou Colloada Salvaxe, entre outros) que decidiron xuntarse o ano pasado para realizar actividades comúns que derivaron no festival Garitosis. É de feito nesta zona onde xurde unha das propostas musicais galegas máis aclamadas pola crÃtica dentro e fóra das nosas fronteiras: Disco Las Palmeras. Este trÃo sarriá conta cun dos nomes máis orixinais do panorama, “entre alegre e noctámbulo”, segundo contan os seus membros, e son definidos como “arquitectos do ruido”. Deste xeito únense a unha corrente que impera no panorama musical galego, xa mencionada en reportaxes anteriores, o ruidismo.
Ademais, Disco Las Palmeras son a primeira banda de rock galega que prescinde do baixo na súa formación, algo que non buscaron xa que foi froito da casualidade. Con este peculiaridade comezaron a camiñar en 2010 coa súa primeira maqueta unida á actuación no Primavera Sound. Logo virÃan dous álbums (“Nihil Obstat” e “Ultra”) da man de Matapadre, unha das discográficas galegas que leva os traballos doutros grupos emerxentes como Lendrone, Unicornibot, Colectivo Oruga ou Telephones Rouges.
Novas promesas
Disco las Palmeras destacan a outra formación luguesa como unha das súas preferidas: Mullet. Esta banda conta cun estilo dificilmente clasificable, que eles definen como “pop, mugre e canción tradicional andaluza”, que se apoia en letras que están a cabalo entre a actualidade e o humor. Veñen de sacar o seu primeiro álbum, “Salmonete”, un disco de nove cortes con deseño artesanal, unha caracterÃstica que comparten outros moitos grupos galegos, que definen os seus estilos mediante portadas vistosas, abstractas ou surrealistas que teñen a súa orixe en propostas feitas á man.
Mullet comparte un dos seus membros, Óscar Vilariño, con outras dúas formacións: Musel (pop rock) e A Veces Ciclón (pop folk), dúas propostas luguesas que acaban de saÃr do berce. A primeira delas, Musel, tamén conta con outra das compoñentes de Mullet, Olalla Caamaño (baixo) que xunto coa voz e guitarra de Óscar estreáronse no recopilatorio que editou a plataforma Desconcierto Cultural no Record Store Day (DÃa das Tendas de Discos) deste ano. Pola contra, A Veces Ciclón xa conta co seu primeiro traballo editado polo selo madrileño Acuarela. Pero non queda aà a actividade musical de Óscar Vilariño, posto que é un dos encargados de dar vida a Panaycuadros Booking, unha mestura entre promotora de concertos e ONG que aviva as actuacións en Lugo.
Viveiro: Teléfono Rojo
No norte lugués, en concreto en Viveiro, atópanse outra das novas formacións da provincia: Teléfono Rojo, unha formación pop atÃpica se se atende á súa orixe: primeiro grabaron un disco e despois constituÃronse como grupo. Isto respondeu ó “faino ti mesmo”, segundo apunta Iván Vale, baixista, unha filosofÃa que se ve reflectida no single de presentación do seu único traballo, “Lulú”, e no videoclip co que contou: “detrás de todo o que facemos hai moito traballo e dificultades, aÃnda que non o pareza”, explican.
De antes e de agora
Pelayo Fernández, guitarrista de Teléfono Rojo, apunta a Holywater como unha das súas formacións galegas preferidas, sinalando asà a un dos grupos lugueses con máis repercusión a nivel nacional. Contan con cinco discos que demostran a súa traxectoria de rock pouco convencional co que estiveron presenten na escena galega dende finais dos anos 90. Case coinciden no tempo co fenómeno bravú, que convulsionou Galicia a mediados desa mesma década, no que se inscribiron os Rastreros, unha formación punk sita en Chantada. Desa mesma zona luguesa proveñen Los Televisores, unha banda que ven de sacar o seu primeiro traballo, “Rumble”, no que presentan tres cortes definidos como punk – pop psicotrópico. Esta formación con nome de “caixa tonta” é destacada como unha das revelacións do ano por crÃticos como Nonito Pereira, coordinador de Mondo Sonoro na edición galega, aÃnda que todos os expertos musicais coinciden en que o panorama lugués non se caracteriza por ser prolÃfico en canto a actividade musical, o cal en moitos casos non transcende do ámbito local.