Varias asociacións e institucións da provincia de Lugo están enfrontadas co ministerio de Fomento e a Dirección Xeral de Patrimonio pola preservación dun sitio arqueolóxico nas proximidades da capital lucense, na parroquia de Coeses. O achado, un conxunto atípico en Galicia, está pendente da decisión final, pero Fomento teno claro: quere facer pasar a autovía pola metade do conxunto arqueolóxico.
Calquera que se achegue polo sitio arqueolóxico da Chousa do Rodeiro, a dousecentos metros do Castro Valente, poderá observar, moi alterado polas tarefas agrícolas que se sucederon no lugar durante séculos, unha sorte de anel circular definido por un parapeto de terra e no interior unha serie de foxas xa escavadas. No exterior deste anel lítico, en dirección cara o castro, atópanse, ou máis ben atopábanse, estruturas que, no que se poden ver hoxendía, na terminoloxía arqueolóxica denomínanse negativos. Son na súa maior parte foxas escavadas das que se baleirou o seu interior durante a intervención arqueolóxica, e dos que só fica a súa pegada na terra, xa sen valor como depósito arqueolóxico. Partindo das estremas do anel lítico, saen dúas gabias que delimitan o espazo e que van en dirección ao castro.
O espazo arqueolóxico está rodeado polas inxentes obras da autoestrada A-54, que conectará no futuro Santiago de Compostela coa cidade de Lugo. As obras da autoestrada atopáronse en Coeses cun dos tramos máis difíciles. Debido a erros iniciais de planificación, o primeiro trazado pasaba por riba do Castro Valente, que estaba mal inventariado. Trala corrección do trazado, unha nova prospección en campo atopaba na Chousa do Rodeiro o anel lítico antes mencionado e o resto de evidencias arqueolóxicas. E as obras paralizáronse de novo.
Área ritual? Cemiterio?
Que fai interesante o sitio arqueolóxico de Coeses? En primeiro lugar, as estruturas localizadas e o seu posible uso, para a época na que están datadas, son inéditas ata o momento en Galicia. O anel lítico contiña foxas nas que foran soterradas pezas cerámicas que puideron ser datadas efectivamente a finais da Idade do Bronce. A existencia de posibles restos orgánicos foi analizada, pero non permitiu obter evidencias sobre posibles cremacións humanas. Pero alén do círculo, no terreo delimitado polas dúas gabias que avanza cara o castro, os arqueólogos atoparon unha necrópole de inhumación, é dicir, unha tipoloxía máis habitual de enterramentos en foxas con depósitos e ofrendas ao carón dos mortos, como vasixas, uns estraños discos de pedra perforados ou contas ornamentais de colgantes, de posible procedencia púnica. Mesmo podería haber indicios de que os cadáveres superpúñanse uns sobre os outros, introducidos na mesma foxa uns despois dos outros e separados por unha capa de lousas e pedras.
Un dos enigmas máis estendidos da arqueoloxía galega é onde se soterraban os galaicos da Idade do Ferro. Toda vez que en Galicia hai miles de castros, a ausencia de necrópoles da época convírtese nun dos interrogantes clave para comprender unha significativa parte da sociedade da Idade do Ferro. Nos últimos anos, en varias escavacións de urxencia non publicadas, puideron ter aparecido, no exterior dos castros, indicios de posibles necrópoles.
A cuestión é que as datacións de Coeses sitúan os enterramentos nunha época lixeiramente inferior, ao final da Idade do Bronce (1000 a.C.) mentres que o periodo máis clásico da Idade do Ferro, onde se desenvolven boa parte dos castros coñecidos a nivel popular, está na II Idade do Ferro, é dicir, aproximadamente entre o 300 a.C. e o cambio de era. Coeses está situado nunha das épocas máis enigmáticas, a da transición entre a Idade do Bronce e a Idade do Ferro en Galicia: é dicir, é un xacemento excepcional nunha época moi pouco coñecida. Soterrábanse aquí os habitantes do veciño Castro Valente? Mentres non se escave este e se atopen evidencias cronolóxicas da mesma época non é posible dicilo.
Só se preservará unha parte dos achados
A finais de xuño o Ministerio de Fomento comunicou que realizaría cambios no trazado e na configuración da vía para preservar o anel lítico, que ficará tapado de novo e cuberto con xeotextil para preservar as estruturas, pero a autovía atravesará polo medio da necrópole que fica entre esta estrutura tumular e o castro. Para Fomento, as foxas localizadas neste área, xa baleiradas, carecen de valor científico.
Cinco colectivos lugueses opóñense a estas obras e demandan a preservación integral do sitio arqueolóxico. Son Lugo Patrimonio, Mariña Patrimonio, Cultura do País, Amigos do Patrimonio de Castroverde e Adega. A través de escritos, mobilización social e diferentes accións, os colectivos están a falar con outras entidades e representantes políticos para preservar na integridade o conxunto.