Anxos Sumai busca durante toda a semana nomes axeitados que poñerlle a un can, na súa aldea usan os dos presidentes estadounidenses pero as opcións son moitas e van pasando os dÃas da semana mentres o pensa e vai escribindo coa súa habitual calidade literaria os episodios diarios de Anxos.. de garda, onde fala para todos dunha vida no mundo actual, coas súas reflexións coincidencias e desconcertos. Unha boa fonte de inspiración para atopar un nome que poñerlle o can pode ser un dos encrucillados preparados por Paulino Novo. Neles entrecrúzanse referencias a distintas culturas, momentos da historia, lugares e xentes. Un percorrido en palabras que promete un paseo cando menos entretido para que tente resolvelo.