Ramón Marcos continúa a serie Silvana, a filla do explorador

El Patito Editorial lanza Operación mascota, o novo volume da serie

Misterio e acción para os máis novos continúan na nova entrega de Silvana, a filla do explorador, a serie de aventuras que realiza o vigués Ramón Marcos. El Patito Editorial acaba de publicar Operación mascota, un volume de 64 páxinas na que os protagonistas viaxan a Sudamérica, onde se ven envoltos nun caso de tráfico de animais. A obra, a toda cor, está dispoñible en galego.