O Parlamento chama á Xunta a xeolocalizar os bens patrimoniais

Unha proposición non de Lei reclama esta medida para evitar danos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Crear un sistema de información xeográfica no que se recollan xeolocalizados os bens do patrimonio cultural de Galicia. Esta é a proposta que o Parlamento de Galicia lle fai á Xunta "co fin de facilitarlles os trámites aos propietarios de parcelas situadas en zonas protexidas, así como a prevención de posibles danos". A Comisión Cuarta de Eduación e Cultura do Parlamento de Galicia aprobaba onte por sete votos a favor, ningún en contra e cinco abstencións a proposición non de Lei presentada polo Grupo Parlamentario Popular neste sentido.

Segundo recolle o xornal dixital Crónica3 o deputado popular Vidal Martínez-Sierra sinalou na súa intervención ante a comisión a importancia de facilitar o acceso a esta información para evitar danos producidos polo descoñecemento da situación de elementos patrimoniais, ademais e facilitar o seguimento por parte da administracións de traballos en áreas sensibles.

O texto íntegro aprobado na Comisión é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que desenvolva unha plataforma ou sistema de información xeográfica corporativa na que se inclúa unha capa específica de patrimonio cultural que permita coñecer a situación dos bens que o integran e poñer en relación a situación dos mesmos coa información derivada da ordenación territorial, da paisaxe, dos usos e cualificación urbanística do solo, e outros ámbitos territoriais protexidos, como os derivados da protección da Natureza, a costa ou o medio ambiente."

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Parlamento de Galicia, Paisaxe, Natureza, Xunta de Galicia