O Liceo Rubia Barcia de Ferrol é unha entidade cultural creada en 1989 para dinamizar culturalmente o barrio de Caranza, pero onte a súa directiva anunciou que se vai ver obrigada a pechar. O problema non é a ausencia de fondos económicos, senón o cambio xeracional preciso para renovar a unha directiva que xa está cansa e que ten obrigas laborais e persoais. A asociación convocou festivais, premios literarios e visitas culturais, e dispón dunha biblioteca de 2500 exemplares dos cales máis de 1000 pertencÃan ao escritor Xosé Ruiba Barcia. Na actualidade só dispón de 160 socios. Unha comisión de dez persoas disolverá gradualmente os activos da institución.