Preguntarlle á sociedade o que considera patrimonio entre os bens máis achegados, como se deberían empregar e ata que punto os coñece. Esta é a base da que naceu Bicomún, unha iniciativa da asociación Niquelarte que dialoga coa xente de a pé para coñecer e concienciar que é o que debemos ou queremos conservar e como. Bueu acollía o recentemente a primeira sesión dunha proposta que quere espallarse por todo o país.
O concepto Bicomún mestura as siglas de Ben de Interese Cultural co Procomún, entendido como os bens que pertencen a todos, que herdamos, creamos conxuntamente e que queremos entregar ás xeracións futuras. María Masaguer é unha das membros da Asociación Niquelarte, que coordina esta proposta. Segundo ela, quixemos mesturar estes conceptos vendo que a sociedade está a facer cada vez máis cousas de acción patrimonial e de restauración, a miúdo de xeito paralelo ás institucións e sobre elementos que estas non contemplan. Somos conservadores restauradores, e con isto tamén queriamos pensar sistemas de diagnose colectiva. Ver o que a xente quere conservar ou non, lembra.
O funcionamento
No Bicomún que se celebrou en Bueu o pasado seis de abril, os asistentes atoparon unha selección de fotografías de elementos patrimoniais ou susceptibles de ser considerados como tales, colgadas no estaleiro. Ao chegar, recibían un kit con adhesivos de diferentes cores e explicábaselles o seu significado. Marcaban co azul se non coñecían o elemento da fotografía, vermello se consideraban que estaba mal conservado, verde se o vía ben conservado e amarelo se consideraba que se lle debía dar un novo uso, explica Masaguer. Canda aos adhesivos de cores, os participantes tiñan outras opcións para dar a súa opinión. Adhesivos en branco no que podían escribir breves frases coa súa impresión sobre o ben ou a posibilidade de propor outros elementos que considerasen importantes. Non todo o mundo o fixo, é algo máis reflexivo e persoal. A nós interésanos en canto amosa a parte máis subxectiva do patrimonio. A elección de Bueu para pór a andar esta proposta débese tamén á simbólica situación do Estaleiro de Purro, pendente de recuperar e reivindicado por distintos colectivos locais desde hai anos. Precisamente a proposta se desenvolveu coa colaboración de diferentes entidades da vila. Está ben que sexan as asociacións do lugar as que decidan que elementos queren someter a diagnose, sinalan desde Niquelarte.
A participación
No caso da vila mariñeira, os participantes puideron achegar a súa opinión sobre mámoas, petróglifos e mesmo elementos como o millo corvo ou os nomes e usos vencellados ao mar, ata un total de dez elementos. Tentamos incluír algúns que non están contemplados polo xeral na lexislación sobre patrimonio, lembran desde Niquelarte. A participación, segundo os organizadores, foi boa. Ao chegar atopamos uns rapaces que viñeran ex profeso de Cangas para participar e que xa comentaron que querían facer alí tamén un Bicomún. Canda a eles, persoas de diferentes idades se achegaron ao evento. Houbo diálogo entre diferentes xeracións. A xente máis nova a miúdo olla o patrimonio como un aliciente para o futuro ou polo valor da memoria colectiva. Para a xente maior aparecen as conexións dos bens coa súa propia memoria. Logo, entre estes, dáse un duplo discurso, por unha banda están os que din que se debía rescatar pero pola outra hai tamén quen di que esas cousas son doutros tempos e que o mellor era tira con elas seguir adiante, explica Masaguer.
As valoracións
Á hora da valoración dos bens, en Bueu semella que os petróglifos e as mámoas non contan con moito recoñecemento. Era de prever, case ninguén os coñece. Están no apartado de turismo do web do Concello pero nin sequera están ben sinalizados e é difícil atopalos. Pola contra, un elemento da cultura tradicional como o Millo Corvo, reivindicado desde hai anos por unha asociación e protagonista dunha festa anual e de múltiplas actividades, valórase como o mellor conservado de cantos elementos se propuxeron no Bicomún. Canda a isto, tamén o Muíño do Tombo, obxecto de accións de limpeza e de restauración por parte doutro colectivo local, acada un amplo recoñecemento polos participantes. O que se ve con isto é que a xente considera que está mellor conservado o que se traballa desde o asociacionismo de base que aquilo que depende directamente das institucións, explica Masaguer. Tamén o mar está moi valorado, vese que a vila mantén moita ligazón coo mundo mariñeiro. No caso de elementos arquitectónicos como o edificio dunha antiga conserveira ou as casas mariñeiras, a ente sobre todo sinala que cómpre darlles un uso.
Proxecto aberto
Desde Niquelarte advirten que o proxecto do Bicomún está aberto a novas colaboracións e transformacións. Para nós é tamén algo experimental, estamos a ver como podemos aínda artellar os resultados e pensar en qué queren dicir. É posible que en vindeiras edicións mudemos un pouco a metodoloxía, quizais orientando máis a actividade. A proposta está aberta a colaboración con outros colectivos ou a que calquera colla a idea e a desenvolva pola súa banda. A nosa intención é doar esta idea ao dominio público e que calquera poida replicar este tipo de accións, adaptándoa ou modificándoa. A nós interésanos moito ver os resultados que saian, e podemos difundilos facilmente a través da rede, gustaríanos moito que estas actividades se retroalimenten e que a xente saque conclusións, opine ou propoña. Nese sentido, os resultados da iniciativa están dispoñibles na rede e abertos ao debate. De cara aos interesados en montar o seu propio Bicomún, desde Niquelarte sinalan que é moi barato e relativamente sinxelo, apenas uns dez euros en material de papelaría e horas de traballo e cámaras ou gravadoras para recoller a iniciativa.
Os promotores
A asociación promotora constituíse hai case tres anos por un grupo de restauradores e conservadores con ansias de probar novos xeitos de actuación desde o seu ámbito laboral. Pensamos no patrimonio de xeito holístico, con ideas de interdisciplinariedade e de xestión colectiva. Para alén do Bicomún, o colectivo desenvolveu propostas como a catalogación das pezas do Centro Etnográfico de Terra de Montes e mantén un blog en Praza Pública. Traballamos moito en rede, conectados con xente de aquí pero tamén de Madrid ou Barcelona. Tentamos entender o territorio de xeito global. Entre as vindeiras iniciativas que teñen previstas está unha acción arredor do patrimonio industrial de Vigo e, en colaboración con colectivos de Madrid, un proxecto para conservar os grafitis do mítico artista Muelle. Novos xeitos de ollarmos o patrimonio.