Rinoceronte publica dúas BDs de Joe Sacco

As recoñecidas Goražde, zona segura e mais Palestina ven a luz en galego

Esta mesma semana chegan ás librarías as novidades de novela gráfica da editora de Cangas Rinoceronte. Os recoñecidos traballos Goražde, zona segura e mais Palestina, de Joe Sacco ven a luz en galego con tradución de Rafael Salgueiro. Os traballos recollen as vivencias do autor como reporteiro nas zonas que dan título ás obras. Goražde con 240 páxinas a branco e negro sae cun prezo de venda de 19 euros, mentres Palestina, con 296 páxinas, poderá adquirirse por 20 euros.