Os fillos de Díaz Pardo fanse co control de Sargadelos

Pretenden continuar o camiño marcado por Seoane nunha nova etapa

Xosé e Camilo Díaz, fillos de Isaac Díaz Pardo, faranse co control do Grupo Sargadelos como administradores solidarios con Ángel y José Luis Vázquez, descendentes doutro dos fundadores. En total os catro asinantes acumularán un 60% das accións do conglomerado empresarial. Segundo anunciaron os fillos de Díaz Pardo, a súa intención é lanzar a "sexta etapa" de Sargadelos, seguindo o camiño marcado por Luís Seoane e promovendo cerámicas galegas, "con formas moi autóctonas pero tamén moi universais".