Parafusos, alambiques e birleques

AGPI publica a exposición que levou ao Salón do Libro Infantil

<i>Libro ex machina</i>, ilustración de Jose Souto <i>Josiño</i>
Libro ex machina, ilustración de Jose Souto Josiño
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración achegou ao último Salón do Libro de Pontevedra a exposición Parafusos, alambiques e birleques. Aida Alonso Vázquez, Alberto García Ariza, Almudena Aparicio (que ademais é a autora do cartel desta edición), Antonio Seijas, Carmen Ferrín, Dani Padrón, Eduardo Baamonde, José Souto Josiño, Manuel Lariño, Marina Seoane Pascual, Nuria Díaz, Pirusca, Quico, Rebecalópez, Rubén Mariño Lamas e Yago García Rodríguez Yaguete son os autores que participaron na iniciativa. Agora a mostra está dispoñible integramente nunha galería de Flickr. Achegámoste unha mostra.