A Xunta declara Ben de Interese Cultural o Facho de Donón

É a primeira declaración BIC dun santuario de tradición prerromana

14/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Facho de Donón, un promontorio sobre a Costa da Vela, en Cangas do Morrazo, é o novo Ben de Interese Cultural de Galicia. A Xunta decidiu outorgar a máxima categoría a este sitio arqueolóxico por mor de ser "unha zona arqueolóxica excepcional e única dentro do ámbito peninsular". O Facho de Donón reune asentamentos e outros espazos arqueolóxicos desde a Idade do Bronce ata a Antigüidade tardía, e mesmo acolle na aba do monte unha aldea abandonada antes do século XX. O máis chamativo do Facho de Donón é a existencia dun santuario dedicado ao deus Lar Bero Breo, ou Laribero, construído como un "bosque de aras" romanas orientadas cara o Océano Atlántico. A Xunta salientou que é o primeiro BIC outorgado a un "santuario de tradición prerromana".

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

22/12/2015

Cando un castro agacha un templo

O arqueólogo José Suárez reinterpreta o castro do Monte Facho coma un enorme espazo de culto xa antes de época romana

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Deus, Idade do Bronce, Morrazo...