Ao longo dos vindeiros dez anos a poboación galega diminuirá en máis de 100.000 persoas, sen contarmos movementos migratorios. O problema da nosa demografÃa preséntase como unha auténtica ameaza para a nosa supervivencia como grupo. Diferentes foros están a reflexionar nos últimos tempos sobre esta cuestión, á que nos achegamos nunha serie de reportaxes.
A situación, non cabe dúbida é grave, e pode afectar á nosa propia existencia como colectivo. Conscientes deste problema, a Escola Galega de Administración Pública organizou en 2011 as Xornadas sobre DemografÃa e Desenvolvemento, no que diferentes especialistas colaboraban para buscar a definición de posibles polÃticas públicas sobre este tema. A raÃz deste encontro viu a luz recentemente o libro O reto demográfico de Galicia, no que se recollen achegas de autores como Xosé LuÃs Barreiro Rivas, Fausto Dopico, Amand Blanes ou LuÃs Caramés entre moitos outros. Segundo apunta Laureano XoaquÃn Araujo Cardalda, un dos coordinadores desta publicación, a partir de todas propostas achegadas, “a miña idea é que o elemento central desta cuestión, aÃnda que non é único e coincide con outros, é a muller. Ela é a que toma a decisión de se ten fillos ou non e cantos. Agora o contorno resúltalle esencialmente hostil para tomar esta decisión tanto á hora de compatiblizar a vida doméstica coa laboral como na propia configuración da vida doméstica”.
Causas
Malia á centralidade desta cuestión, existe unha grande multiplicidade de causas ás que se lles pode apor o decrecemento demográfico. Diferentes analistas abordan ámbitos como o cambio social e a adopción dun modelo de vida máis individualista. En relación con isto, a desaparición da familia extensa, o abandono do rural, a mellora no nivel de vida, a inestabilidade laboralÂ… A lista é longa. AÃnda que a situación do chamado “inverno demográfico” é especialmente grave en Galicia, o noso paÃs non deixa de estar nunha tendencia común a outros paÃses europeos ou mesmo a Xapón. “En esencia non hai nada diferente. AÃnda que a situación é máis acusada aquà movémonos dentro da situación xeral de Occidente. Ai algúns exemplos, como Francia, no que poida que por polÃticas públicas máis intensa e agresivas a situación é mellor”.
Problemas de futuro
Malia á base económica e social de boa parte das causas, pódese advertir de compoñentes culturais en boa parte destes ámbitos, como é o costume de encargar ás mulleres o coidado de anciáns e de nenos, entre outros ámbitos. A maiores, o declive poboacional ten indubidables efectos na nosa realidade cultural, comezando pola desertización do rural e o esquecemento de tradicións, coñecementos prácticos e mesmo da lingua. Segundo apunta Araujo, “algúns dos autores que participaron nesta obra falan de suicidio demográfico. Desde logo se a isto lle engadimos outros suicidios como o cultural, é dicir a renuncia progresiva e constatable ao emprego da nosa lingua e outro tipo de cousas, evidentemente os galegos estamos precipitándonos á nosa extinción como pobo, cando menos cos datos que manexamos actualmente”, recoñece. Se estes a suicidios lles sumamos aÃnda os datos de suicidios reais, entre os máis altos do Estado, temos un panorama que realmente fai dubidar do noso futuro colectivo. Para alén da problemática da pura supervivencia como colectivo, unha das diatribas máis inmediatas nas que nos pon a actual pirámide poboacional galega é o tan anunciado problema de cómo soster as pensións cunha masa de traballadores cotizantes moi inferior aos receptores destes subsidios “Este argumento emprégase moito,pero non ten en conta unha cuestión crucial que é o incremento espectacular da produtividade por traballador que se deu nas últimas décadas e que equilibra moito esta cuestión, é dicir cada traballador sostén máis persoas do que antes”, lembra Araujo fronte as visións máis alarmistas. No entanto, recoñece que “por moito que isto aumente, hai que se preguntar se realmente se pode soster a situación”.
Cuestión de polÃtica públicas
Independentemente das causas que o provoquen, o problema demográfico amósase como unha cuestión de polÃticas públicas. O exemplo francés, no que a actuación do goberno acadou elevar a taxa de fecundidade e 1,7 fillos por muller a 2,1 e que parou do declinar da poboación, preséntase como un exemplo fundamental neste sentido. AÃnda que con poucas semellanza co caso francés, tamén no noso paÃs o debate sobre a poboación ten chegado ao Parlamento. “Cara a 2001 presentarase un plan de revitalización demográfica que non se chegou a aprobar. Máis recentemente, no pasado ano, creouse unha subcomisión parlamentar encargada de analizar o problema, e alà de novo presentouse un plan. Pero coas eleccións quedou no aire”. Deste xeito, e malia ao crucial do problema “neste momento non existen polÃticas públicas formuladas como tales en materia demográfica. Non hai un grande plan que busque inverter esta tendencia”. Malia a esta ausencia, cómpre recoñecer que existen propostas que dun xeito máis ou menos directo e desde diversas administración, poden incidir no plano demográfico, como poden ser as redes de escolas infantÃs ou os permisos de maternidade, entre outras.
Problemas de aplicación
De xeito xeral, as propostas sobre demografÃa resultan complexas de asumir por polÃticos de calquera signo. “Todas as medidas que se apliquen nesta materia deben se abordar dun xeito xeneralizado, intenso e permanente, é dicir, durante décadas”, lembra Araujo. “Cómpre que sexan sostidas para xeraren expectativas e seguridade na xente, que teñen que saber que existe unha estrutura social que apoia e ampara as familias”. É por isto que “non se poden vender polÃiticamente nin implementarse como unha acción rápida. Son moi caras, e cómpre abordalas mediante grandes pactos e consensos, e entón os polÃticos, que normalmente pensan no prazo dunha lexislatura, non lles interesan moito”.
Actuacións institucionais
A resumir as propostas que se reúnen o volume, Araujo salienta ata sete campos de actuación dentro dos cales se poden integrar medidas para paliar dalgún xeito a nosa lenta desaparición. “A nivel de institucionalización, cómpre facer visible esta cuestión, incorporándoa por exemplo a normas básicas como o Estatuto”. Este tipo de medidas contribuirÃa a facer deste problema unha polÃtica de Estado e permitirÃa integrala con máis facilidade no ordenamento xurÃdico. “Neste campo, por exemplo, hai unha idea interesante que serÃa incluÃr informes de impacto demográfico nas polÃticas públicas. Do mesmo xeito que hai actuacións que esixen informes de impacto ambiental, pódense solicitar outros sobre a pegada na demografÃa. Tamén se poderÃa crear un comisariado especializado en demografÃa que analizase estas cuestións”.
Conceptos culturais
En relación coas convencións culturais vencelladas aos roles e xénero. Sen ir máis lonxe, ao tan arraigado costume de que sexan as mulleres quen, no seo da familia, se encargan tanto da crianza como do coidado dos maiores. “Nese sentido cómpre implementar unha nova socialización que permita superar estruturas centradas no home”, lembra Araújo. “Mudar as relación no núcleo familiar, prestixiar socialmente a maternidade e a parternidade ou o crear unha nova perspectiva encol das persoas maiores, facendo que se consideren un activo no lugar dunha carga” son outros exemplos neste sentido.
Concienciación do problema
A falta dunha consciencia clara da gravidade da nosa situación demográfica é tamén un ámbito a traballar desde a Administración. “Os medios deberÃan difundir continuamente información sobre esta situación e os seus efectos. Dun xeito coloquial, poderiamos dicir que ao igual que temos a previsión meteorolóxica diaria, deberÃa haber información demográfica, e é raro que apareza”. Neste campo “hai xente moi empeñada, como Manuel Blanco, que queren levar isto á palestra pública.Está claro que o nivel de concienciación é moi baixo, non hai apenas debate público. Entón fai falla que o tema se converta nunha cuestión cotiá nos medios e se vexa como un problema”.
Arredor do aborto
Sen querer entrar en polémicas, Araújo apunta que outro dos ámbitos a tratar son as polÃticas de prevención do aborto. “Isto quere dicir que se temos determinada taxa, temos que tentar baixala, pero isto non implica polÃticas antiabortistas. Falamos de asesoramento, polÃticas públicas ou colchóns sociais que permita que unha muller poida sacar adianta a súe maternidade. Isto non implica nin limitar nin acoutar o dereito ao aborto”, puntualiza. De xeito semellante, unha rede de servizos que apoio á familia, con dÃas libres para o coidado familiar, subvencións, formacións ou bonificacións fiscais son algunhas das propostas que poden ter efectos positivos na nosa natalidade.
Incentivos
En relación con isto está tamén o recoñecemento dos coidados para a carreira profesional, tentando rachar, con outras propostas, a escisión entre o ámbito doméstico e o laboral. Ou mecanismos que conecten a maternidade co emprego de calidade. “O núcleo do problema é que as mulleres están desincentivadas para ter fillos. Se queren ter éxito nun contorno hostil deben limitar ou renunciar aos seus desexos de maternidade”. Trato preferente en traslados para traballadores da administración con fillos, incentivos empresariais para traballadores con descendencia ou bonificacións nas cotizacións á seguridade social son outras medidas no mesmo camiño. Propostas como a erradicación da pobreza infantil ou a simplificación da administración, especialmente nos trámites e custes para adoptar e mais para tratamentos de facilidade amosan a variedade de campos de actuación polos que se pode atacar este problema.
No entanto, a cuestión de fondo segue presente. Nunha situación de crise como a actual amósase complicado que se dean desenvolvido propostas de calado arredor desta cuestión. O noso futuro non semella optimista.