Arte para os oídos

O MARCO abre o ano expositivo con HUM, unha mostra sobre a arte sonora

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Massimo Bartolini Hum, 2012 . Foto: cortesía Fondazione Musica per Roma

Massimo Bartolini Hum, 2012 . Foto: cortesía Fondazione Musica per Roma

Dúas pezas do pianista canadense Glenn Gould (1932-1982) son o epicentro no que se asenta o artista italiano, Massimo Bartolini, para reflexionar sobre a arte sonora en HUM. Esta proposta fai parte dun proxecto producido pola Fondazione Música per Roma, que se adapta ao espazo expositivo cunha performance (Lettura) creada expresamente para o museo. A mostra, que se encadra dentro da liña do MARCO de explorar as relacións da arte con outras disciplinas está aberta ata o 19 de maio.

Massimo Bartolini Singing North, 2012. Foto: cortesía Fondazione Musica per Roma
1/4
Massimo Bartolini Singing North, 2012. Foto: cortesía Fondazione Musica per Roma
2/4
Massimo Bartolini Hum, 2012. Foto: cortesía MARCO/Pilar Souto
3/4
Hum
4/4

A de Masssimo Bartolini é unha desas exposicións performativas que precisan de coñecer o contexto. É un artista para quen o son xoga un papel importante que nesta ocasión transforma o espazo expositivo para crear unha atmosfera na que destaca a voz do barítono Nicholas Isherwood. Ao non representar o seu corpo e só a súa voz, Bartolini pretende atopar o seu último significado na interpretación da audiencia. Malia que esta exposición foi a que inaugurou o novo programa expositivo de Fondazione Musica per Roma, dedicado á arte sonora: One Space/One Sound, chega aquí cunha variante: unha performance deseñada expresamente para o MARCO.

A performance chámase Lettura e supón recitar en voz alto a novela El malogrado, que Thomas Bernhard lle dedicou a Glenn Gould trala súa morte. Durante a inauguración do pasado venres, a obra conta con Phonology of noise: the voice ás sound object, retransmisión en vivo dende a web de Radical Matters - Editions/Label series, que inclúe unha selección de obras de artistas que experimentaron coa voz dende finais dos anos setenta. Segundo explican desde o centro en nota de prensa, "esta gravación estará dispoñible a partir de entón na Biblioteca-Centro de documentación".



Video streaming by Ustream

A exposición está comisariada por Anna Cestelli Guidi, que coñece ben o contexto galego, posto que xa ten traballado noutros centros como o CGAC.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roma, Morte, Exposicións, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...