Artigos en prensa, declaracións públicas ou comunicados institucionais. A cultura do paÃs reacciona ao anuncio da dimisión de Méndez FerrÃn como presidente da Real Academia. AsÃ, o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, sinalou o "empobrecemento na pluralidade" da institución que suporÃa a marcha de FerrÃn, e animouno a que "siga nas súas funcións como presidente, e non abandone a Academia. Respectando as súas decisións persoais, instamos, a el e a todos os Académicos e Académicas, a pensar no papel histórico que ten a Academia e que ten que seguir a desenvolver". Tamén o PEN Clube Galicia anunciou publicamente o seu apoio ao escritor.
Pola súa banda, o Intituto da Lingua Galega publicaba esta mesma mañá un comunicado desvinculándose das acusacións de tentativas de control da RAG que vertera Xosé LuÃs Axeitos, secretario desta. Neste comunicado, o Consello CientÃfico do ILG apunta "a súa lealdade e compromiso con esta institución" ao tempo que lembra que "non promoveu ningún tipo de acción para orientar ou condicionar as decisións da RAG" a respecto do decreto do plurilingüismo.
Canda a estas entidades manifestáronse tamén diversos intelectuais e persoeiros da cultura, entre eles, o antigo presidente da RAG e representante da institución no Consello da Cultura, Xosé Ramón Barreiro, quen sinalou que o plenario da RAG terá que ser reunir para valorar o anuncio de dimisión. Ao seu ver resulta “penoso” que un medio de comunicación “mesmo alleo a Galicia poida tumbar un presidente da Academia”, sinalando as informacións do ABC sobre a contratración de familiares na institución como responsables do abandono do actual presidente. Fronte a isto salientou “o comportamento exemplar dos medios galegos, que se necesidade de defender á persoa, entenderon a importancia da institución”.
Académicos como DarÃo Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei, Luz Pozo, Xosé Neira Vilas e Manuel Rivas amosaron tamén publicamente o seu apoio ao presidente saÃnte, e este último mesmo apuntou a posibilidade de abandoar a Academia se a situación non muda, sinalando ademais que pretende levar ao pleno unha solicitude para que se manteña no seu posto. Henrique Monteagudo, pola súa banda sinalou que a medida da demisión lle parece "desproporcionada" e sinala que desde o plenario unicamente se lle solicitou á directiva que explicasen as contas e as contratacións da institución. De xeito semellante se pronunciou tamén VÃctor Freixanes, quen apuntou que "ninguén cuestionou" a directiva da entidade. Ramón Villares, pola súa banda, apuntou que non tiña nada que sinalar ante unha decisión tan persoal.
Comunicado do Consello CientÃfico do ILG no web da USC.Pola súa banda, o Intituto da Lingua Galega publicaba esta mesma mañá un comunicado desvinculándose das acusacións de tentativas de control da RAG que vertera Xosé LuÃs Axeitos, secretario desta. Neste comunicado, o Consello CientÃfico do ILG apunta "a súa lealdade e compromiso con esta institución" ao tempo que lembra que "non promoveu ningún tipo de acción para orientar ou condicionar as decisións da RAG" a respecto do decreto do plurilingüismo.