Norberto Fernández presenta Retrovirus

A editora americana Image publicou recentemente o traballo do debuxante vigués

Capa de <i>Retrovirus</i>
Capa de Retrovirus
Xa a final de 2012 a coñecida editora Image publicaba en Estados Unidos Retrovirus, unha banda deseñada de 64 páxinas con guión de Justin Gray e Jimmy Palmiotti e debuxos do vigués Norberto Fernández. Agora, o debuxante presenta na libraría Banda Deseñada de Vigo este traballo, aínda inédito en España. Será o vindeiro sábado 23 a partir das 18 horas.