O cómic Petaco, de Alberto Guitián, sairá en Francia

Enrique Mauricio e Carlos Taboada publican Dominicanas somos

Imaxe promocional da edición francesa de <i>Petaco</i>
Imaxe promocional da edición francesa de Petaco
O lugués Alberto Guitián entra no mercado francés coa edición de Petaco. Diábolo, a editora que xa publicara a obra en España, tirará o álbum ao longo de 2013, como parte da primeira xeira de títulos cos que desembarca no país galo. Pola súa banda, o colectivo Polo Correo do Vento, formado por Enrique Mauricio e Carlos Taboada acaban de presenstar Dominicanas somos, un cómic que explica a realidade das mulleres inmigrantes da República Dominicana. O proxecto naceu da man da Asemblea de Cooperación pola Paz e está dispoñible de xeito íntegro na rede. Outro galego, o escritor Manuel Loureiro, verá o vindeiro 15 de marzo a adaptación á banda deseñada da súa novela Apocalipse Z, con debuxos de Vicente Vegas.