O entroido de Xinzo, un dos máis emblemáticos de Galicia, terá este ano as mesmas citas pero menos orzamento. Son 70.000 euros, 15.000 menos que en 2012 para facer fronte á celebración máis longa do Estado que comezou o pasado dÃa 19 co “Petardazo”. Non é un feito illado, senón que son moitas as citas que se ven afectadas pola reducións orzamentarias para unha festa moi popular.
Xinzo, Maside, Ribadavia, Boborás ou A Rúa en Ourense, Poio en PontevedraÂ…. Son varios os concellos que xa anunciaron que rebaixarán as contÃas destinadas a celebrar o entroido, unha das festas máis tÃpicas do paÃs.
Os recortes
En Xinzo, son o Concello, doazóns de veciños, hostaleiros e comerciantes os que financian as actividades públicas. Propostas que serán posibles tamén grazas a que moitas formacións baixaron o seu caché para poder adaptarse á nova programación. Precisamente neste mesmo concello está previsto que neste ano se reactive o Museo do Entroido, un proxecto museÃstico nado hai case quince anos e que acumula máis dunha década de atrasos. O Consello da Xunta aprobou a finais de 2012 unha partida para reactivar as obras do edificio e culminar con este proxecto.
Ribadavia tamén anunciou, tal e como aparecÃa publicado en La Región, unha redución orzamentaria dun 30%, quedando baixando dos 45.000 euros habituais a este festexo que nos últimos tempos apostar por un desfile cada vez máis vistoso. Non é o único, Boborás ou A Rúa, continuarán outro anos máis rebaixando o gasto destinado ás celebracións. Noutros concellos da provincia, como é o caso de Maside, aÃnda están a ultimar como se vai efectuar o recorte.
En Pontevedra, o concello de Poio acaba de presentar a programación do Antroido que reduciu o seu orzamento un 30% sen que iso supuxera un recorte das actividades. Será grazas a asociacións e colectivos que participan no desfile (ao que o concello achega 2.400 euros) que baixaron as súas contÃas. Haberá un tradicional concurso de disfraces (3.300 euros) e a festa do choqueiro. A cita rematará o vindeiro sábado 16 co enterro do Galo Fodorico en san Xoán, aÃnda que o xoves 14 terá lugar o Enterro do Mexilón en Combarro.
As actividades
Obradoiros, concursos de difraces, comparsas e logo a despedida co seu respectivo enterro (o Ravachol, o Meco, o Fodorico, o Momo, a Sardiña, o Mexilón…….. son múltiples as denominacións que se suceden por toda Galicia. O certo é que este ano non hai grandes novidades con respecto á celebración habitual e os concellos actualizan as súas propostas anteriores.
No concello de Santiago o entroido deste 2013 estará marcado por unha intensa participación veciñal a través dos Centros Socioculturais. Neles , ao longo deste mes de febreiro, desenvólvense un centenar de obradoiros, sesións lúdicas, merendas e bailes que se sucederán entre os dÃas 9 e 13. Será o mércores cando se poña fin ás celebracións coa queima do Meco.
A Deputación de Lugo pensa nos mais pequenos para o seu deseño de actividades de entroido e propón un taller de elaboración de antifaces “coma en Venecia”, que terán lugar de balde nos catro museos da Rede na primeira fin de semana do mes de febreiro. Na capital é o concello quen organiza o tradicional desfile que repartirá preto de 6.000 euros en premios e organiza unha feira de produtos tÃpicos. O pregoeiro en Lugo será o historiador Fernando Arriba.
En Coruña está previsto un entroido con velorio, filloada popular (durante 12 horas ininterrompidas) baile de disfraces, ofrendas florais e concurso de comparsas. A festa rematará o mércores 13 co enterro da sardiña e a queima do Meco.
O concello de Vigo, xunto coa comisión organizadora do ENTROIDO 2013, composta pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", celebrará os tradiciones concursos desta localidade. En total 13.000 euros en premios para as comparsas e carrozas e 1.200 para o de disfraces.
En LalÃn, a compañÃa Viravolta organizará unha nova edición do seu Titerentroido. CompañÃas recoñecidas (TÃteres Trompicallo e os Monicreques de Kukas, da banda galega e Teatro de Marionetas de Porto da portuguesa) ofrecerán as súas propostas na localidade pontevedresa.
E os recoñecementos
E nestes tempos de recortes, o Entroido do Ulla saca folgos. Os concellos de Teo, Boquexión, Vedra, Touro, Santiago e A Estrada, que conforman o territorio no que se desenvolve esta arraigada tradición, sacan peito para buscar o recoñecemento como Festa de Interese TurÃstico.