O sector cultural ten que mudar prácticas e formas de xestión ao tempo que as administración han de saber que é un sector estratéxico, un valor de futuro. “É preciso modernizar a xestión da cultura” rematou a súa intervención Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, no marco da comisión de EconomÃa, Facenda e Orzamentos, para dar conta da actividade da institución para este ano. As grandes liñas da entidade pasarán polo patrimonio moble, os museos e unha nova ollada sobre a figura de RosalÃa de Castro.
“Estamos empezando a traballar sobre a situación dos museos, é dicir, sobre a súa xestión, a relación coas administracións, a súa adecuación aos novos retosÂ…. E nese punto imos tentar lograr un informe” explicou o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG) no Parlamento, no marco das consultas relativas ao proxecto de lei de Orzamentos para este ano 2013. Non será a única liña de acción, xa que aproveitando que se cumpren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos “Ãmonos concentrar na figura de RosalÃa”. O CCG pretende “recuperar o espÃrito do gran congreso sobre RosalÃa que se fixo nos oitenta (no que se ofreceron visións inéditas da poeta como o feminismo da súa obra) que permitirá ver unha nova ollada”. Hai outro terceiro piar para a actividade da institución, que ten que ver co Patrimonio, vencellado á idea de xestión cultural.
O modelo de actuación do Consello a base de xornadas como “O(s) Sentido(s) da(s) cultura(s)”, informes, simposios e exposicións continuará invariable. O presidente aludiu á vontade de seguir o marcado no mandato fundacional pero no horizonte de recorte orzamentario que o sitúa nun 5.5% menos en 2013 con 2.400.000 euros, buscará aspectos que non atenden outras institucións. “O Consello da Cultura está centrándose no patrimonio, na xestión cultural e en aspectos como potenciar de recursos na rede máis que noutros sectores nos que xa hai institucións dabondo” explicou. Coa limitación orzamentaria haberá en 2013 menor actividades no exterior que en 2012. Nese sentido, detallou o conxunto de actividades desenvolvidas en colaboración con outras institucións en Sao Paulo (Instituto Cervantes), Cardiff (Asociación Internacional de Estudos Galegos) ou en Cracovia, onde fixo parte da Asociación Europea de Museos da Emigración e se integrou no seu proxecto MigraPort.
Por outra banda, a liña de traballo da institución para 2013 buscará potenciar a presenza na rede e a edición electrónica. “O que Ãbamos editar en papel sairá en dixital, por custes e por visión de futuro” explicou o presidente ao tempo que destacou o volume de recursos e o traballo informativo de Culturagalega.org.
Descartou, salvo que sexa solicitado, un novo informe sobre a Cidade da Cultura. “Hoxe está noutro ámbito porque creo que a cuestión é polÃtica, pero no sentido parlamentario e executiva, non para facer un informe”. Requerido a posicionarse sobre as sentenzas do plurilingüÃsmo, remitÃu á proposta institucional presentada no ano 2009 e no informe elaborado sobre o Decreto.