Un Centro Dramático Nacional que prestará atención ao resto de linguas oficiais do Estado, uns premios MAX (ata o momento con categorÃa a mellor texto teatral en galego) que pasarán a ser convocados por unha próxima Academia do Teatro, a posta en marcha efectiva do plan para o circo aprobado hai un tempoÂ… En medio dos recortes, revisamos as medidas que prepara o goberno estatal que tamén nos afectarán.
Nun momento no que as cifras constatan unha caÃda rotunda do consumo cultural, desde o goberno central a estratexia da cultura para esta lexislatura pasa por un incremento na divulgación das actividades. Ante unha caÃda contundente do consumo cultural que ronda o 20% con respecto a último lustre, pretende combaterse con comunicación para poder chegar ao público. Farase través de creación de portais web (por exemplo Ph.es, sobre os bens culturais protexidos), relanzar outras accións divulgativas xa existentes ou propostas como o Laboratorio Permanente de Público de Museos. A aposta debe ser clara porque o anuario da Sociedade Xeral de Autores (SGAE) constata unha baixada drástica e sen paliativos en asistencia a salas de cinema, concertos, compra de libros e discos. A recesión económica e a suba do IVE cultural agravaron e, nalgúns casos invertiron, a tendencia do consumo en cultura.
Non se coñecÃan os datos, aÃnda que se podÃa prever un descenso ante a alerta de todos os sectores, cando o ministro Wert presentou o seu “Plan estratégico general de la SecretarÃa de Estado de Cultura 2012-2015”. Un documento que traza as liñas xenéricas da polÃtica cultural e que, malia que esta sexa unha competencia cedida as Comunidades Autónomas, nos afecta a todos.
Un traballo compartido
En primeiro lugar porque unha das máximas dese documento é a coordinación e a colaboración entre institucións e entidades. Sobre todo as privadas. Nese sentido, en declaracións recentes a El PaÃs, o ministro de Educación, José Ignacio Wert (Madrid, 1950) asegurou que nesta lexislatura se aprobará a Lei de Mecenado. Iso suporá unha maior implicación de empresas e entidades en financiar programas culturais.
E hai outra liña clave, que é a coordinación entre entidades públicas. Nesta liña van os convenios coa Rede Española de Teatros, Auditorios, CircuÃtos e Festivais de Titularidade Pública (RETACFTP) ou a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) que pretendÃa recabar datos de público nos teatros e auditorios de titularidade pública de toda España para dispor de datos fiables que permitan facer estatÃsticas.
O plan estratéxico pretende unha maior colaboración con outros departamentos ministeriais, onde as relacións entre industria e audiovisual son claves para o sector da cinematografÃa ou onde o turismo pretende relanzarse botando man da cultura.
Hai tamén nese documento programada a creación dunha serie de entidades, organismos e figuras. É o caso do Club de amigos da CompañÃa Nacional de Danza, como proxecto piloto para a implantación doutros centros do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais (INAEM); a creación do Consello das Artes Visuais que, segundo ese documento, “ implica favorecer a participación das administración públicas que teñan competencias en materia de fomento e promoción das artes visuais, para compartir directrices e proxectos”.
No eido das artes escénicas e do movimento, as propostas pasan por desenvolver un plan de coproducións do Centro Dramático Nacional e a creación dunha Escola de Espectadores ou a elaboración do “Mapa da Creación Escénica Contemporánea” para música, danza e teatro.
Neste contexto, tamén está prevista a redación de plans nacionais para os novos campo patrimoniais: paisaxe cultural, patrimonio do século XX, arquitectura tradicional e patrimonio inmaterial.
Mentres se prepara o deseño do programa cultural “Ano de España en Xapón 2013-2014”, tamén se traballa nunha gran exposición sobre o cine español e un programa para outorgar visibilidade á achega das mulleres á cinematografÃa.
Os cambios no privado
Non todo entra por vÃa pública, a SGAE reuniu en 2012 a unha ducia de persoeiros do teatro estatal (entre eles nomes como Ana Diosdado, José Luis Gómez, Cesc Gelaber ou José MarÃa Pou) coa intención de crear a Academia do Teatro. Neste momento están inmersos na redacción dos seus estatutos mais a elección dun presidente que será o encargado de poñer en marcha esta entidade. Deste xeito, a SGAE deixará de organizar os premios MAX e a nova entidade será a responsable dun galardón que premia as mellores obras de teatro do Estado e que, ata o
momento mantiña unha categorÃa especÃfica a mellor autor teatral en galego.
Un proxecto para Galicia
No tocante ao panorama galego, a Xunta está a elaborar un “Plan da Cultura Galega”, un documento que, segundo a ConsellarÃa de Educación pretende “recoller as prioridades e os proxectos estratéxicos no investimento cultural público para toda a lexislatura, propoñer procesos de colaboración entre todos os operadores e sectores culturais, e concretar estratexias de cooperación entre o ámbito local e a Xunta de Galicia”. Neste marco insÃrese tamén outro proxecto, o Plan director do libro que definirá a presenza dos creadores e da industria editorial dentro e fóra de Galicia, a estratexia sobre o libro electrónico en galego, asà como a fórmula de dinamización da lectura no conxunto da sociedade e da mellora dos servizos bibliotecarios da Rede de Bibliotecas de Galicia e da Biblioteca de Galicia.
Plan Estratéxico da Cultura 2012-2015. SecretarÃa de Estado de Cultura. Ministerio de Educación.Nun momento no que as cifras constatan unha caÃda rotunda do consumo cultural, desde o goberno central a estratexia da cultura para esta lexislatura pasa por un incremento na divulgación das actividades. Ante unha caÃda contundente do consumo cultural que ronda o 20% con respecto a último lustre, pretende combaterse con comunicación para poder chegar ao público. Farase través de creación de portais web (por exemplo Ph.es, sobre os bens culturais protexidos), relanzar outras accións divulgativas xa existentes ou propostas como o Laboratorio Permanente de Público de Museos. A aposta debe ser clara porque o anuario da Sociedade Xeral de Autores (SGAE) constata unha baixada drástica e sen paliativos en asistencia a salas de cinema, concertos, compra de libros e discos. A recesión económica e a suba do IVE cultural agravaron e, nalgúns casos invertiron, a tendencia do consumo en cultura.