Acción e crise son palabras fundamentais para definir o panorama cultural do último ano. A sociedade semella tomar o protagonismo con iniciativas anovadoras ante o devalo económico que afecta á cultura. No entanto, non debemos esquecer a retirada de apoios públicos pode comprometer moi seriamente o noso futuro.
Repasa o que deron de si na cultura os últimos 12 meses no noso anuario 2012.
A crise económica marcou de xeito crucial a cultura durante o ano 2012. Aos recortes no apoio público en todos os ámbitos súmase un descenso acelerado do consumo cultural no noso paÃs, cun monto de 80 millóns de euros menos desde 2008. Sen que se poida falar de esperanza ante unha situación que non ten trazas de mellora inminente, quizais unha das caracterÃsticas do ano que rematou foi a multiplicación de esforzos e de iniciativas que xorden desde a base. Como a cumprir o vello adaxio de que os tempos de crise estimulan a creatividade, no noso paÃs están a aparecer propostas que reaccionan contra as limitacións materiais e apostan pola horizontalidade, a transitoriedade ou o feito na casa.
Protagonistas
Falamos nestes meses de espazos dedicados ás artes ou que xorden cos mÃnimos recursos, como o Furancho de Arte Contemporánea, a.de fuga ou Elefante 330. Dos espazos escénicos alternativos con apostas polo microteatro que abriron as súas portas, como La Tuerka 27. De recitais poéticos en bares. De librarÃas que apostan por novas orientacións e actividades. De iniciativas cidadás encol do patrimonio, como O Sorriso de Daniel ou o proxecto Torre dos Mouros. Do audiovisual feito case sen medios que continúa a amosar a súa vixencia mesmo fóra do noso paÃs. Ou dos múltiples proxectos de crowdfunding, unha fórmula que ten aÃnda pendente de demostrar se vai ficar, cal é o seu potencial máximo, en qué ámbito se consolidará ou se ficará como unha moda. A aposta pola acción tradúcese tamén no nacemento de medios de comunicación: Diovio, Sermos Galiza e Praza Pública toman o testemuño da información en galego logo de anos infaustos neste ámbito, onde tamén vimos a tremenda mingua da edición galega de El PaÃs.
Alternativas
Nun contexto que favorece o “do it yourself”, non é de estrañar que agromen e se consoliden propostas relativamente underground. Discos como o Galician Bizarre II, xornadas como Grapa Grapa ou o propio Liceo Mutante de Pontevedra dan conta da vitalidade creativa dunha escena que aposta polo artesán, a autoedición, o lo-fi e o achegamento ao público, nunha tendencia que segue o ritmo de propostas internacionais. As alternativas non veñen unicamente do underground urbano, o agro reclama a súa presenza nas nosas axendas dentro dun panorama de iniciativas que semella diversificarse cada vez máis.
Efemérides de actualidade
Canda a isto, a celebración do DÃa das Letras dedicado a Paz Andrade contribuÃu a soster a perspectiva, xa consolidada nos últimos anos, de pensarmos a vertente internacional da nosa lingua ao tempo que incidiu na consideración da cultura como unha industria cun importante potencial económico. De xeito semellante, as celebración do centenario de Eugenio Granell lembrou as conexións mundiais da creación feita no paÃs mentres o Ano Celso Emilio amosou a actualidade da poesÃa social. Acaba o ano en puntos suspensivos para un decreto sobre o galego no ensino cuestionado desde os tribunais e mais para unha Cidade de Cultura que inicia a súa enésima reorentación, cun futuro aÃnda por determinar nos dous casos. Tamén queda pendente de verificar o futuro das polÃticas públicas a respecto do ámbito audiovisual, logo das importantes mudanzas institucionais que sofreu sector coa supresión do Consorcio.
CaÃdas
Por suposto non todo é positivo. Non cabe dúbida de que a crise está a ter efectos catastróficos en moitos sectores do paÃs. Destaca tristemente o sector escénico, que se proclama ferido de morte ante a retirada de apoios públicos e a redución de funcións, e que amosou ao longo do ano unha importancia iniciativa mobilizadora que de certo ha ter continuidade. A arte tamén se está a ver seriamente afectada, especialmente no ámbito de centros públicos como un Centro Galego de Arte Contemporánea e un MARCO baixo mÃnimos de actividade. A nivel de galerÃas, advÃrtese unha certa consolidación dalgunhas da máis veteranas, mentres outras quedan polo camiño, presentándose estes sectores como algúns dos máis afectados pola suba do IVE. AÃnda que polo momento non se deron situacións catastróficas, as editoras están a acusar tamén a contracción económica, e viron ademais recortadas as súas opcións de proxección exterior este ano, o que non augura un 2013 positivo para o sector. O brutal recorte orzamentario da Real Academia Galega, a mingua continuada nas axudas á normalización, ou a diminución de apoios ao audiovisual son outros ámbitos que fan temer polo futuro da nosa cultura. Do mesmo xeito, o tremendo descenso do apoio das Caixas de Aforros á actividade cultural do paÃs está aÃnda pendente de avaliar no longo prazo.
A importancia a longo prazo
É nese longo prazo onde se xoga o futuro. Ollamos como, en certo xeito, a iniciativa privada (e social) toma o relevo da pública. Increméntase o número de axentes activos a pequena escala, con traballo en rede, con novos xeitos de pensar e de facer. No entanto, non se pode perder de vista que o investimento público en cultura permite formatos, orientacións e magnitudes difÃciles de cubrir desde un ámbito privado que acusa os problemas económicos. Nese sentido, o público está chamado a cumprir un importante papel de I+D que permite a creación de públicos, a formación de profesionais e a proxección internacional, entre outras cuestións. Na mesmas xógase realmente o potencial xa non só económico da cultura, senón a súa capacidade identitaria e a propia creatividade da nosa sociedade. En momentos cruciais coma este, non cabe dúbida de que estamos a xogar o futuro. Os falecementos de persoeiros DÃaz Pardo ou de Xaime Illa Couto nun ano coma este non deixan de ser simbólicos. A cultura fica orfa de grandes figuras que definiron o noso paÃs en tempos complexos. Cómpre agora xente para continuar a construción.
Anuario 2012. Culturagalega.org.Repasa o que deron de si na cultura os últimos 12 meses no noso anuario 2012.