Autores galegos lanzan dúas novas bandas deseñadas

Jaime Asensi versiona a Ramón J. Sender e Kike Benlloch e e Pedro Villarejo presentan Anónimo

Capa de <i>El Fugitivo</i>, de Jaime Asensi
Capa de El Fugitivo, de Jaime Asensi
A versión en banda deseñada de El fugitivo, de Ramón J. Sender é o último lanzamento do vilagarcián Jaime Asensi. A obra, a toda cor e con guión de Hans Leuenberguer, ve a luz na editora malagueña LeoEdita. Ao tempo, Kike Benlloch e Pedro Villarejo acaban de lanzar en edición limitada ANÓNIMO: Unha pequena historia de Nadal e un conto sobre superpoderes, unha obra a branco e negro de 20 páxinas que se pode adquirir por 1,5 euros nas librarías Alita Cómics (A Coruña), Banda Deseñada (Vigo) e Sindicato del Cómic (Ourense).