A coincidir coas festas de Nadal están a se suceder, como xa vén sendo habitual, diferentes campañas que chaman a ter en conta a nosa lingua á hora de consumir. Deste xeito, a iniciativa Abertos ao Galego, da Mesa pola Normalización, presentaba a semana pasada un catálogo de produtos na nosa lingua pensados como agasallos para diferentes idades de gustos. Desde libros ata roupa, xoias ou alimentos, unha ampla variedade de propostas está ao dispor dos interesados.
Pola súa banda, desde o Foro Enrique Peinador, en colaboración coa Xunta e coa Irmandade Galega de Adegueiros, vÃa a luz tamén a pasada semana Consumogustos, unha campaña que convida a un consumo lingüisticamente responsable. Unha serie de carteis, protagonizados por diferentes persoeiros do paÃs, anima ao consumidor a darlle preferencia a produtos etiquatados na nosa lingua.
A coincidir no tempo con estes lanzamentos, desde SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica presentábase o xogo A cidade de Cenorio. Desenvolvido pola empresa Galileo Nenos, este produto está pensado para crianzas de entre tres e seis anos e consiste nun bolÃgrafo electrónico con luz e son que permite desenvolver tres actividades diferentes.
Carteis da campaña Consumogustos.Pola súa banda, desde o Foro Enrique Peinador, en colaboración coa Xunta e coa Irmandade Galega de Adegueiros, vÃa a luz tamén a pasada semana Consumogustos, unha campaña que convida a un consumo lingüisticamente responsable. Unha serie de carteis, protagonizados por diferentes persoeiros do paÃs, anima ao consumidor a darlle preferencia a produtos etiquatados na nosa lingua.