Percusión, pintura, a fusión de tango&folk e arte. Este é o menú elaborado polo concello de Lugo para festexar o 12 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial. A cita xirará arredor da nova infraestrutura cultural da cidade, o Museo de Historia Interactiva de Lugo (MIHL) escenario das actuacións musicias preparadas e sede da exposición A Obra elixida,comisariada por Mónica Alonso, e que recolle obras dos mellores artistas dos últimos 30 anos de Galicia como Murado ou Francisco Leiro. O centro tamén é unha das sedes das xornadas “Cidades/vilas amuralladas do Noroeste Peninsular: Da investigación á difusión do seu patrimonio histórico-arqueolóxico”.
A muralla romana de Lugo cumpre doce anos. Unha ducia desde que a Unesco lle outorgou o seu grado de distinción “Patrimonio da Humanidade”. Por iso o concello organizou, alén das actividades culturais, unhas xornadas co fin de sensibilizar a cidadanÃa en xeral da necesidade de preservar e difundir o patrimonio amurallado. Para iso, participarán especialistas universitarios e xestores públicos do patrimonio histórico-arqueolóxico de diversas cidades/vilas amuralladas da PenÃnsula Ibérica, tanto de España coma de Portugal, que falarán das súas experiencias e dos problemas, posibilidades e retos que ten este tipo de patrimonio cultural.