Unha banda deseñada que amosa as primeiras interpretacións sobre como era a vida na fortaleza da Torre dos Mouros, en Carnota. Esta é a proposta que fai Manel Cráneo na obra A Torre dos Mouros, que presenta o vindeiro venres neste Concello. A obra, que fai parte das accións de divulgación deste proxecto de investigación arqueolóxica, conta co asesoramento do xornalista Manuel Gago e do arqueólogo Antón Malde, e ve a luz co apoio da ConsellarÃa de Cultura. O volume consta de 16 páxinas a branco e negro, e distribuirase coa segunda edición de Os lobos de Moeche deste mesmo autor, que sae á venda este mes. Os voluntarios que participaron no acondicionamento do depósito este verán recibirán un exemplar da obra asinado polo autor.