As análises sobre produtividade do minifundio ou os xeitos de xestión comunal ao longo da nosa historia teñen moito que dicir á hora de xestionar o noso medio rural. O grupo Histraga, da Universidade de Santiago, amosa o potencial da súa liña de investigación e difunde o seu coñecemento no seo da Rede Revolta. Lourenzo Fernández Prieto, un dos seus coordinadores, explÃcanos algúns dos xeitos nos que Historia pode contribuÃr ao futuro do agro.
O interese da historia polo agro pode semellar estraño, pero non resulta tanto de termos en conta que falamos dun sector que supón a metade da superficie do paÃs. "Nós pretendemos facer historia aplicada, que as investigacións non fiquen nos historiadores e nos estudantes. Pensamos que coñecemos as cousas como para podermos contribuÃr a explicar mellor algúns dos problemas que temos", explica Lourenzo Fernández Prieto, coordinador de Histraga, grupo de investigación agraria da Universidade de Santiago. Por exemplo, "a Historia amosa que a Agricultura Galega foi quen de facer moitas cousas ben, e cando mellor o fixo é cando conectou enxeñeiros, agricultores e sociedade civil, a comezos do século XX" con proxectos como a Misión Biolóxica de Galicia. O encontro A propiedade da terra: desde a historia para o futuro abordaba en Lugo os pasados 16 e 17 de novembro desde unha perspectiva multidisciplinar este problema.
O éxito do minifundio
Unha das liñas de investigación que centra o interese dos historiadores, é a cuestión do minifundio. "Xa desde o século XIX habÃa unha especie de maldición que partÃa do principio de que o minifundio é unha fonte de atraso. Isto dábase na medida en que se desenvolveu a tecnificación agraria e, vencellado a el, se desenvolveu o proceso de concentración parcelaria", explica o catedrático. "Ultimamente a cuestión do minifundio comeza a se considerar no seu sentido histórico", advirte, con teses como a de David Soto que en 2006 analizou a nosa agricultura como unha xestión historicamente sustentable. "Na práctica foi unha solución para poder cultivar moitos produtos nun territorio coma o noso no que a terra fértil e moi escasa. Isto, á súa vez, vencéllase cunha ocupación moi antiga e intensiva do territorio, e é o que permite que a densidade de poboación en Galicia a finais do século XVIII e comezos do XIX sexa das máis altas de Europa". É dicir, que a capacidade de produción de alimentos deste sistema de cultivo realmente permitÃa alimentar sobradamente os galegos, o que foi detonante da emigración. "Os territorios europeos que máis emigrantes produciron eran os que tiñan máis poboación. En Galicia medrou tanto que non se podÃa empregar, e iso levou á emigración".
Leiras para o futuro
E aÃnda máis. "Esa produción permitiu mesmo abordar a especialización gandeira, destinando parte dos cultivo a alimentar os animais. Ademais, o minifundio é a base que permite explicar como Galicia puido adoptar rapidamente os produtos americanos como a pataca, o millo ou o tomate que aÃnda hoxe fan rica a nosa agricultura". A resumir esta cuestión, Fernández Prieto sinala que esta forma de xestión da terra ten aÃnda moito de dicir. "Historicamente tivo un sentido que hai que reenfocar de cara ao futuro, porque imos cara a unha agricultura diferente da actual, sustentable e ecoloxÃa na que funciona a lóxica do minifundio e o manexo de moitas parcelas", unha liña que seguen, por exemplo, as investigacións de Xoán Carlos Carreira.
O acceso á terra
Cabe diferenciar entre a propiedade da terra e a xestión da mesma, xa que cando se desenvolveu o minifundismo no paÃs a propiedade non estaba repartida, senón que se concentraba en mans da igrexa e da fidalguÃa e os labrego tiñan dereitos de uso a través dos foros. "Os labradores xestionaban a terra aÃnda que non fose deles máis ou menos desde sempre, pero mais rotundamente a partir do século XVIII", explica Fernández. "Non foi ata o final do século XIX que se accedeu á propiedade da terra. Os nosos bisavós ou tataravós conseguiron algo que non se consegue en moitos territorios, que a terra pasase a ser de quen a traballaba", lembra este catedrático.
A pegada da propiedade
Este proceso, segundo este investigador, marcou en boa medida a mentalidade galega, e pode explicar o particular interese dos nosos historiadores por analizar a propiedade da terra no paÃs. Precisamente unha das mesas deste recente encontro de Histagra centrouse na relación da historiografÃa galega con esta cuestión. "Foi un feito relativamente recente que nos marca de xeito contemporáneo. Define moitos dos riscos que temos hoxe en dÃa na xestión do territorio e da propiedade". Non podemos esquecer que na actualidade se cifra en 1.700.000 o número de propietarios de terra en Galicia. "Na actualidade a propiedade en ocasións limita a xestión do territorio. Os plans de desenvolvemento rural ou de ordenación urbana deben ter en conta os intereses e desexos dos propietarios, que son moitos. Moitos autores sinalan que a propiedade supón un lÃmite tamén á hora de abordar o abandono do rural". O feito de deixar sen labrar fincas ou transformar prados e leiras en superficie forestal "que é outro xeito de abandono" está relacionado con isto. Ademais, "a orientación leiteira que se deu na segunda metade do século XX diminuÃu a pluralidade de cultivos. Estamos a estragar a riqueza que se podÃa recoller do minifundio nun momento no que producir alimentos é moi rendible", lembra este historiador.
A propiedade comunal
Outro tema recorrente da investigación histórica sobre a propiedade da terra son os montes comunais ou veciñais. "O alto volume de propiedade colectiva supón unha singularidade en Galicia e supón unha boa parte do paÃs.E o máis destacado é que por moito que o Estado se empeñou en acabar on este tipo de propiedade, non o conseguiu". De cara ao futuro, apunta que "a capacidade para aproveitar a propiedade veciñal para o desenvolvemento é moi notable desde o punto de vista da sustentabilidade. Pode ser un problema ou unha vantaxe, depende como se manexe. Hai espazos moi amplos para deseñar actividades produtivas, pero cómpre que haxa capital social para as desenvolver".
Divulgar o coñecemento
"A investigación leva producindo ideas novas e información desde hai moito tempo, pero iso non sempre que conseguiu difundir, por iso se constituÃu a Rede Revolta", explica este catedrático. O proxecto agrupa a cinco grupos de investigación, dous de enxeñerÃa, dous de historia (agraria e empresarial) e un de economÃa ambiental das universidades de Santiago e de Vigo. "Todos traballamos sobre os problemas do rural desde diferentes puntos de vista e cada un achega o que sabe. A rede reuniu xa moitÃsima xente e moita información que está dispoñible no web. Queremos achegar estas reflexións aos sectores produtivos, non só ás iniciativas anovadoras senón tamén aos gandeiros, agricultores e ás empresas do sector. Logo de algo máis dun ano de traballo, o balance da Rede "é moi satisfactorio", segundo Fernández, "conseguimos moi rapidamente unha linguaxe común e coincidimos no diagnóstico de problemas presentes do mundo rural". AÃnda que a final deste ano remata o financiamento autonómico ao proxecto, os grupos teñen previsto continuar co proxecto. "Queremos buscar algunha opción estratéxica como plataforma, implicar grupos que traballan na mesma orientación, sexan universitarios ou non. Trátase de deseñar entre todos un futuro que parta do que temos e do que somos capaces de facer. Hai xa iniciativas anovadoras que xa están a actuar no presente. Proxectos como Monte Cabalar ou Arqueixal e Son d'aldea están en marcha e poden se reproducidos noutros lugares".
VÃdeos do coloquio A propiedade da terra. Desde a historia para o futuro.O interese da historia polo agro pode semellar estraño, pero non resulta tanto de termos en conta que falamos dun sector que supón a metade da superficie do paÃs. "Nós pretendemos facer historia aplicada, que as investigacións non fiquen nos historiadores e nos estudantes. Pensamos que coñecemos as cousas como para podermos contribuÃr a explicar mellor algúns dos problemas que temos", explica Lourenzo Fernández Prieto, coordinador de Histraga, grupo de investigación agraria da Universidade de Santiago. Por exemplo, "a Historia amosa que a Agricultura Galega foi quen de facer moitas cousas ben, e cando mellor o fixo é cando conectou enxeñeiros, agricultores e sociedade civil, a comezos do século XX" con proxectos como a Misión Biolóxica de Galicia. O encontro A propiedade da terra: desde a historia para o futuro abordaba en Lugo os pasados 16 e 17 de novembro desde unha perspectiva multidisciplinar este problema.