
Os congresos que agora presentamos teñen outros obxectivos, buscar novas olladas apuntaba Ramón Villares, o presidente da institución que promove esta actividade cando que se cumpren 150 anos da publicación de Cantares gallegos, obra que marca o rexurdimento da literatura galega. E esas novas visións implicar dar a coñecer traballos de investigación que se levan desenvolvendo nestes últimos 28 anos en diferentes universidades galegas e estranxeiras. María do Cebreiro, membro da comisión organizada para darlle forma ao congreso, avanza que non será achados revolucionarios, si máis ben aspectos pequenos que contribúen a dar un maior coñecemento da súa figura e pon o exemplo concreto do traballo de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda que fai un traballo de documentación moi preciso e que achegará novas informacións sobre as figuras materna e paterna de Rosalía, sobre a que hai moito mito.
O congreso sobre Rosalía divídese en dúas partes: un presencial, que se desenvolve os últimos xoves de cada mes entre febreiro e xuño con temáticas específicas (vida, obra, o contexto, o canon literario ou novos paradigmas críticos); e outro virtual, no que os investigadores de todas as partes do mundo poidan facernos partícipes das súas contribucións.