O grupo Castro-Floxo de Ourense leva o premio IAR de Folclore

A entrega desta XXI edición realizarase nunha gala o vindeiro 17 de novembro

O prestixioso premio IAR de Folclore foi para o grupo Castro-Floxo de Ourense na súa XXI edición. O galardón, que organiza o grupo de baile IAR da asociación de vecinos de O Castrillón-Urbanización Soto, da Coruña, recoñeceu o traballo dos ourensáns na recuperación do patrimonio inmaterial. Castro-Floxo naceu en 1977 da man do etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas, e ten na actualidade 1.500 membros. O vindeiro 17 de novembro a Ágora coruñesa acollerá a gala de entrega, na que actuarán o propio grupo organizador e mais o grupo de música tradicional D'Atura.