Aínda que está recoñecido como un dos autores sobranceiros das nosas letras, especialmente no campo do teatro e do conto, Rafael Dieste foi tamén un agudo pensador e desenvolveu un destacado traballo de dinamización cultural. A pasada semana, a xornada María Zambrano-Rafael Dieste: o legado de dúas figuras insubornables afondaba nas perspectivas menos coñecidas deste autor a partir da súa relación epistolar coa coñecida filósofa.
O pasado xoves 19 de outubro, o Consello da Cultura acollía a xornada María Zambrano-Rafael Dieste: o legado de dúas figuras insubornables. A partir da relación epistolar e de amizade entre estes persoeiros, o encontro abordou os aspectos menos coñecidos do autor galego, revelando a importancia do seu labor ensaístico e do seu pensamento. Entre outras intervencións, María Leyra Fernández-Labandera abordou a relación entre estes dous persoeiros, mentres Xosé Luís Axeitos, arquiveiro da Real Academia, centrábase na biografía epistolar de Dieste. Revélase así un Dieste que, para alén do seu traballo como dramaturgo e escritor de ficción, con obras como Dos arquivos do trasno ou A fiestra baldeira fai parte das vangardas estatais dos dos anos 30 e desenvolve un intenso labor de dinamización cultural. Estancias en Cambridge ou Londres, México ou Buenos Aires forxaron unha personalidade cosmopolita cun pensamento de alto nivel.
O descoñecido
Os dous coinciden no pouco recoñecemento que no noso país existe sobre a complexidade de alcance da figura deste autor. Axeitos salienta que segue a ser un grande descoñecido en Galicia. Aínda que entrou na Real Academia Galega en 1970 e protagonizou o Día das Letras Galegas en 1995. Malia a estes recoñecementos, ninguén o reivindica, lembra o arquiveiro desta institución, quizais porque a maior parte da súa obra se desenvolveu en castelán. E curioso como desde organismos oficiais se incide en que Cela é un escritor galego, mentres Dieste non tivo ese trato en ningún momento. Do seu epistolario vendéronse só 18 exemplares, lembra Axeitos. O Dieste filósofo é totalmente descoñecido en Galicia, asegura Fernández-Lavandeira, practicamente esquécese. Considérase un autor vencellado á literatura e non se abordan fasquías como o xeu labor de xeómetra, músico ou pensador. Ten ensaios como El alma y el espejo que, tal e como di María Zambrano, revelan un verdadeiro filósofo. No artigo Rafael Dieste y su enigma di del que está no filosofar considerando esta actividade como un espazo aberto a outros eidos da realidade que comparte co drama, coa novela ou coa poesía. Precisamente o traballo de Dieste coa xeometría foi reivindicado polo coñecido escritor chileno Roberto Bolaño na súa novela 2666 na que o ensaio Testamento geométrico do galego desempeña un importante papel.
As ideas
Á hora de falar sobre o pensamento deste descoñecido, esta investigadora asegura que aborda cuestións moi plurais. O tema do tempo, do espazo, da sensibilidade estética e da sensación, a palabra, o logos. As temáticas son moi plurais e aborda tamén mesmo temas pedagóxicos. Xeometría, matemáticas. Supón un abano tan amplo de cuestións que sempre queda algunha por explicar. Dieste é ante todo un grande ensaísta, concorda Axeitos. Ten unha grande capacidade crítica e perceptiva. É capaz de se meter nos buracos máis inaccesibles e medita sobre calquera circunstancia. En canto a referentes, falamos de alguén moi consciente do pensamento contemporáneo a nivel mundial, aínda que marcado tamén pola perspectiva galega. O seu referente máis próximo e Castelao, lembra Fernández-Lavandeira.Cando Dieste comeza a súa andaina literaria ten o seu irmán Eduardo que é un grande referente a nivel cultural que lle vai abrir moitos espazos de coñecemento e logo Manuel Antonio, Castelao e outros dos que el denominaba o Atenas de Arousa. El estaba atento a todos os filósofos que nese momento se estaban a ler en Europa. É un bo interlocutor de Kant, de Hume, de Nietzsche, de Schopenhauer, de Bergson, segue a Husserl, Heidegger ou Dilthey. Coñece perfectamente a tradición occidental e tamén a literatura española que lle vale como eixe para artellar a súa achega literaria e filosófica apunta.
Para alén do ensaio
A importancia do pensamento do autor transcende con moito á súa obra ensaística e mesmo as súas cartas. A brillantez da súa obra narrativa está moi relacionada con esa súa capacidade de ollar, e é que resulta complicado separar os distintos aspectos do seu traballo. Tanto el como moita xente da súa xeración querían fusionar a vida e a literatura, e mantiñan os mesmos compromisos éticos e estéticos nas dúas. Iso é algo que se percibe moi ben nas cartas, lembra Axeitos. De xeito semellante, Fernández-Labandera apunta que tanto el como Zambrano son autores que reflectían na súa vida o que amosaban na súa vida e na súa cartas, que é algo que se pode dicir de pouca xente. Ao falarmos deles temos que mudar algo as coordenadas. O canon occidental fala de racionalismo, empirismo ou fenomenoloxía pero eles desdebuxan estas marxes, saben que a realidade é mais ampla e que mesmo estados como o silencio pódense empregar para explicar o novo logos que está a nacer. Na súa obra, pódese atopar o seu pensamento en obras que sen un título filosófico amosan filosofía. A asegurada ou A morte de estreliña teñen personaxes da estirpe de Antígona, mulleres que reclaman a súa voz nun espazo masculino no que non teñen lugar, e isto é algo no que coincide con Zambrano, en ter o seu pensamento tamén na obra literaria. E este fenómeno xa fora reivindicado por Unamuno á hora de definir o pensamento español, que non era tanto de cuño filosófico senón literario a través de San Juan de la Cruz, Teresa de Ávila ou Cervantes.
O esquecemento
Á hora de explicar a falta de recoñecemento encol desta figura, Axeitos apunta dúas grandes cuasa. Por unha banda deixou a literatura galega nun momento determinado da súa vida, cando chega a Madrid, aínda que non por isto perdeu contacto co noso país. Pola outra, estivo vinte anos fóra e en grande medida esqueceuse a memoria da preguerra. Logo hai que sumar que fai unha literatura pouco ruidosa, que non está destinada ao triunfo e que non esperta interese entre o grande público. E penso que está destinado a ter ese perfil minoritario de grandes admiradores. Ten unha linguaxe críptica, con ecos excepcionais pero pouco rechamante, por exemplo, para a mocidade. Desde a perspectiva de Fernández-Labandera, tanto el como Zambrano son personaxes molestos. Colleron o camiño do medio, e se vas polo medio atropélante. Tiñan unha personalidade tremenda, un xeito de entender o mundo moi semellante, unha sensibilidade a flor de pel que cubría moitos espazos, eran intelectuais en sentido global. E molestan porque a súa escrita non responde ao que se quere escoitar, ao que está de moda no momento e hoxe non gustan.
Dignidade e persoa
Para alén do pensamento, as cartas permiten coñecer, como non, visións máis íntimas do personaxe. Así, Fernández-Labandera salienta que nas cartas con Zambrano vese que son moi amigos, cunha grande proximidade e mesmo nas primeiras até se ve unha especie de pulsión carnal, que logo cos anos vai desaparecendo. Son importantes porque estamos afeitos a ver o pensamento dos autores mediante os libros, onde as ideas se atopan rematadas. Nas cartas, no entanto, pode verse o diálogo no que xorden pensamentos e ideas como a razón poética ou o tema da piedade que logo son moi importantes no pensamento de Zambrano. Canda a isto Axeitos di que nestes textos poden atoparse moitas anécdotas. Alguna exemplifica como el era, por exemplo que el sempre quixo ter un piano na casa e practicar, aínda que moitas veces tiveron que o vender por problemas económicos. El fala do piano nas cartas como dunha persoas, das súas características. No entanto, nas cartas da súa muller é onde atopamos as referencias ao prezo do instrumento. En xeral, para o arquiveiro da RAG, esta cartas Danlle unha dimensión importantísima ao autor, e o epistolario no seu conxunto é un tremendo espazo de dignidade.