Manifestacións en toda Galicia en favor da igualdade no Día da Muller

O día D

Hoxe, o día despois, as cousas volven ó seu lugar. Pero onte, con motivo do Día Internacional da Muller traballadoras centos de mulleres se manifestaron en Galicia reivindicando a igualdade contra a a discriminación de xénero. En Santiago, Susana Martínez alzouse co premio Xohana Torres de Investigación, en Pontevedra artistas galegas celebraron cun espectáculo poético-musical, mentres en diferentes puntos se sucedían as conferencias, charlas, coloquios e exposicións.

Investigación, en feminino



Unhas duascentas mulleres acudiron na Praza do Toural á chamada da Coordinadora Galega da Marcha Mundial da Muller. A igualdade entre os sexos, o dereito ó aborto e a equiparación laboral foron algunhas das reivindicación que se fixeron máis evidentes neste 8 de marzo. Ademais, onte tamén se fixo público o fallo do Xohana Torres de Investigación, que reaceu enSusana Martínez Rodríguez polo seu estudio sobre "O pensamento feminista do economista compostelano Joaquín Díaz de Rábago". Un premio que está dotado con 500.000 pesetas. Por outra banda, a Xunta de Galicia tamén outorgou os galardóns Galicia en feminino 2001, que premiou oa loita pola igualdade desenvolvida polo centro social Vagalume. E mais literarios estiveron na facultade de Xornalismo, onde se organizou un recital poético a cargo de María Lado, Chus Pato, Olga Novo e Lupe Gómez.












En Pontevedra



Cun pouco de antelación, o día 7, Pontevedra celebrou o plato forte do Día Internacional da Muller Traballadora. Neste caso máis de media ducia de artistas galegas: Uxía, Mercedes Peón, María Manuel, Susana Seivane, Rosa Cedrón (Luar na Lubre), Guadi Galego (Berrogüeto), Sonia Lebedynski (Fía na Roca), Uxía Pedreira (Chouteira) e Paloma Suances conseguiron facer a reinvindicación a favor da igualdade dos sexos dun xeito moito máis musical. Collían o relevo do festival que o ano pasado se celebrou en Compostela e conseguiron recrear un concerto no Teatro Principal con alma galega. O espectáculo "Son delas" puxo de manifesto a achega das mulleres no ámbito artístico galego cmo transmisoras da palabra.




e ademais



Ferrol, Vigo, Vilanova de Arousa, Madrid e A Coruña tamén quixeron aportar o seu gran de area a esta reivindicación organizando conferencias cun obxectivo común: conseguir a igualdade de xénero. Sindicatos, partidos politicos, asociacións e diferentes colectivos ofreceron os seus informes e estudios sobre as situación actual.