Unha fin de semana máis na que a marea negra é protagonista. Anxos Sumai séguelle dando voltas ó escuro chapapote que xa forma parte ineludible das nosas vidas. A carraxe, a incerteza, a dor que todos sentimos nas palabras da nosa colaboradora de garda. E para os intres de descanso entre onda e onda, Paulino Novo achéganos un novo encrucillado, un taboleiro no que a cor negra si queda ben gardada nos seus cadriños.