Longamente anunciado e agardado, Sermos Galiza, o novo medio de comunicación en galego, abre hoxe o seu web. Coa vocación de achegar información centrada no noso paÃs, o proxecto anuncia para o vindeiro 17 de maio o primeiro número do que será un semanario en papel. Cun grande apoio social e económico, comeza hoxe a construcción dun medio que pretende ser a base dun futuro diario en galego.
De todos os medios en galego que están a ver a luz ao longo deste 2012 foi o primeiro en se anunciar e o último en ver a luz. Sermos Galiza chega hoxe á rede logo de reunir preto de 900 accionistas que achegaron máis de 300.000 euros de capital social. “Foi un proceso que demorou moito”, recoñece Carme Vidal, unha das redactoras do novo proxecto. A partir dunha comisión promotora de nomes vencellados á cultura e mais ao mundo nacionalista, a iniciativa foi sumando apoios a nivel de accionistas e de subscritores ata facerse unha realidade. Precisamente a importancia dos apoios conseguidos neste tempo é un do valores que define, a teor de Vidal, este medio. “Eu fago fincapé na propia creación da iniciativa. É unha empresa colectiva, de todas as persoas que participaron, e iso é unha das súas singularidades. Sempre digo que é o medio con máis delegacións repartida no paÃs, porque practicamente temos accionistas en cada concello, e queremos que esa xente contribúan tamén ao medio actuando como enlaces a nivel informativo”, lembra.
A estrutura
A nivel de contidos, Sermos xorde con seccións de Internacional, Galiza, Cultura, Ciencia e Deportes. De xeito máis concreto, segundo explica Vidal, “Queremos prestar atención á lusofonÃa no ámbito internacional, asà como ao que acontece en paÃses como Cataluña ou Euskadi”. No campo da cultura, que conta con dous redactores adscritos, “hai vontade de que teña unha presenza grande, xa que nos parece un sector de grande trascendencia, fundamental para a normalización do paÃs e onde hai moitÃsimas iniciativas que cómpre apoiar. En concreto queremos prestar unha especial atención aos contidos para cativos, que nos parece un ámbito no que a normalización lingüÃstica é cada vez máis urxente”. Canda a isto, baixo a sección Galiza agruparanse novas de carácter polÃtico, económico e de sociedade. “Nun momento de crise como este, o ámbito laboral e económico terá tamén unha grande importancia. Un dos enfoques do novo medio é servir de plataforma de expresión para colectivos e iniciativas nadas da sociedade civil. “Queremos dar acubillo a asociacións e tamén manter unha sección centrada na memoria história, que nos parece algo primordial.
En crecemento
O que se pode ver xa desde esta mañá na rede non é todo o que quere chegar a ser o medio. Segundo explica Vidal, “pretendemos que se vaia completando e mellorando ao longo dos vindeiros meses, incorporando novas seccións e apartados. En tres meses veremos un medio diferente ao que sae hoxe, e agardamos tamén ir ampliando o cadro de persoal”. Aos cinco redactores que actualmente levan o peso do meio incorporaranse colaboradores externos que completarán a oferta informativa e de opinión desta cabeceira. Polo momento, están a bordo  Carme Vidal, chegada de A Nosa Terra, Antón Fernández Escuredo, de A Peneira, Beti Vázquez, vida da Axencia Galega de Noticias, Rodri Suárez (Xornal de Galicia) e mais Xesús Manuel Piñeiro.
Papel e rede
Fronte a outras propostas en galego recentemente xurdidas, Sermos Galiza non quere ser un medio exclusivamente dixital. “Queremos que o galego estea nos quioscos”, explica Vidal, “é un ámbito do que desapareceu totalmente”. Deste xeito o semanario achegará artigos de fondo e infomacións elaboradas. “Cubrirá xéneros máis traballados como as reportaxes de investigación, as entrevistas en profundidade ou artigos de análise”, sinala esta redactora, contidos que non sempre estarán dispoñibles no web. “Queremos achegarlle a quen merque o periódico uns contidos que non vai atopar noutro sitio”. Fronte a isto “a versión dixital terá outras dinámicas, máis apegadas á actualdiade. Tamén iremos abrindo canles especÃficas para conectar co público na rede”. Entre os contidos especÃficos neste sentido anuncian a publicación en liña do arquivo fotográfico de XaquÃn Soliño. “Leva trinte anos retratando todos os acontecementos históricos máis relevantes. Irémolos publicando nun álbum que comeza en 1982”.
Na procura do xornal
O horizonte cara o que quere ir o novo medio está claro: Conseguir un xornal en galego nos quioscos. “Tentamos cubrir ese oco, pero temos aÃnda moito que camiñar. Pero a mesma saÃda do medio non deixa de ser unha boa noticia. Amosa que podemos existir, que podemos ter medios na nosa ligua aÃnda que a situación é moi abafante, tanto para a produción cultural como a nivel laboral. AÃnda ai espazos nos que nacen e conflúen cousas”, explica Vidal.